Venres 8 de xaneiro de 2021
O alumnado que agora cursa 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.
Aviso: as instruccións e impreso foron repartidas ao alumnado en clase durante a mañá de hoxe.
- Entrega do anexo ED550A e unha copia do DNI/NIE do alumno/a en caso de que dispoñan del.
- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando a custodia é compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores.
- Prazo: do 11 xaneiro ao 8 de febreiro de 2021 (ambos inclusive)
- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos de 09:30 a 12:30 con cita previa 881 960 506
- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as, o Equipo Directivo recollerá a documentación nas aulas e entregarase posteriormente unha copia da entrega.
- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos.
- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2021-22, informaremos na web do centro. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.
- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.
WEB CONSELLERIA. Ver Reserva de praza