PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

 

 

1- PRAZO:

 

 

 

 

 

 

2- DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR: 

 

Impreso da solicitude de admisiónED550B, pode recollerse na secretaría

Descargar en galego castellano

 

Tamén poden optar por acceder á aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/   e cubrilo telemáticamente, imprimir e presentar en secretaría ou ben cubrilo telemáticamente e asinalo na Sede Electrónica.

  • Copia e orixinal do libro de familia, DNI/NIE do alumno ou documentación acreditativa do requisito de idade.
  • Para alumnado procedente doutro centro deberán achegar tamén unha certificación de matrícula do centro de procedencia.

  • En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

  • Se solicitan unha praza para alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) achegarase a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta. Dende o Departamento de Orientación do centro, contactarán coa familia para formalizar unha avaliación psicopedagóxica e trasladar a información á Inspección Educativa. O centro contactará coa familia para informar da resolución. 

3- ZONAS DE INFLUENCIA:

  1. Santiago de Arteixo (Parcial)
  2. Santa Mariña, Lañas
  3. San Estevo, Larín
  4. San Pedro, Armentón
  5. San Xiao de Barrañán
  6. Santo Tomé, Monteagudo
  7. San Pedro, Sorrizo
  8. Santaia, Chamín

 

LISTAXE DE RÚAS E PARROQUIAS ÁS QUE LLES CORRESPONDE O CEIP PONTE DOS BROZOS

 

4- PRAZAS VACANTES

 

                                                 

 

 

CRITERIO DE BAREMACIÓN

 

LETRA DESEMPATE

 

5- PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN

 

 

6- MATRÍCULA

 

 

 

7- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

 

O horario lectivo do centro é: de 09:30 a 14:30. 

(No mes de setembro o horario do alumnado de 4º de infantil variará en función do período de adaptación)

 

Xestionado pola ANPA Ponte dos Brozos

 

Servizo de madrugadores

de 07:30 a 09:30

Servizo de comedor

de 14:30 a 16:00

Actividades extraescolares do Concello e Ludoteca da ANPA

de 16:00 a 18:10

Servizo de merenda

de 18:10 a 19:30

 

Contacto ANPA

 

Xestionado polo centro: Transporte Escolar.

Solicitarase coa matrícula no centro: entrada, saída ou ambas e informarase da adxudicación antes do inicio das clases.

 

LIÑA 1

Dende Urbanización Baer (parada excepcional) até Campo- Sorrizo

LIÑA 2

Dende Centro de Saúde (parada excepcional) até Santaia.

LIÑA 3

Dende Bloquera (parada excepcional) até O Rañal 2



Importante:

  • Non teñen dereito a este servizo complementario os alumnos/as que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).
  • Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do centro, pero dentro da zona de influencia do mesmo. 
  • A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

 

8- LEXISLACIÓN VIXENTE

 

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Instruccións

9- OBSERVACIÓNS

 

  1. A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar.
  2. O alumnado matriculado no CEIP Ponte dos Brozos, que presente solicitude de admisión noutro centro deberá informarnos.
  3. O alumnado con reserva de praza admitida, se presenta solicitude de admisión para outro centro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do proceso de admisión. 
  4. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  5. Darán lugar á perda do dereito de prioridade:

A presentación da solicitude fóra de prazo.(Considérase fóra de prazo o establecido nos Artigos 15, 34 e D.A. primeira da Orde do 13 de marzo de 2013)
A presentación de máis dunha solicitude, en distintos centros.
As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.
As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.