Segundo o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:
Queda suspendida a actividade educativa presencial en todos os centros educativos (artigo 9). Así mesmo, quedan suspendidos os prazos administrativos para a tramitación de procedementos das entidades do sector público. O prazo retomarase cando remate a vixencia do Real Decreto, ou no seu caso, as prórrogas da mesma (Disposición adicional terceira).
Remitimos tamén ás instruccións dadas pola Consellería de Educación o 13 de marzo, á espera da publicación no DOG das últimas concrecións.
Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020
1. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes