Admisión 2014-2015


6. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. Do 20 ao 30 de xuño.

Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.
DOCUMENTACIÓN (tamén dispoñible na Secretaría do centro a partir do luns 16 de xuño):

5. LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.  Antes do 15 de maio. Reclamación ante a X.T.

Contra estas listas definitivas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. (Artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013)

MOI IMPORTANTE: O alumnado admitido deberá facer a MATRÍCULA do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

4. LISTAXES PROVISIONAIS  E PRAZO DE RECLAMACIÓNS. Antes do 25 de abril e 5 días seguintes.

IMPORTANTE: Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de CINCO días hábiles (do 23 ao 28 de abril). Xunto coa reclamación presentarase tamén a documentación pertinente.

3. PRAZAS (antes do 01 de marzo) E SOLICITUDES (do 1 ao 20 de marzo).

 
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 66 9 75 84
5º EI (4 ANOS) 1   1 4
6º EI (5 ANOS) 0 0 1
1º EP 0 0 0 5
2º EP 0       0 1
3º EP 0 0 1
4º EP 0 0 2
5º EP 0 0 3
6º EP 0 0 2
TOTAL 67 9 76  103

* Reserva obrigatoria de prazas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con N.E.A.E.

2. LEXISLACIÓN, AVISOS E INFORMACIÓN XERAL
NOTA INFORMATIVA

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite praza en primeiro lugar. O seu incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que teña reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  • ZONAS LIMÍTROFES. Para os centros públicos serán limítrofes as áreas de influencia dos centros públicos que sexan colindantes coa do propio centro. Para os centros concertados será o mesmo en relación cos outros concertados.
1. CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS
  • ENTRE O 1 E O 15 DE FEBREIRO. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Rosalía de Castro.
  • 26  DE FEBREIRO ÁS 11:00. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2014/15. Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U. VER RESULTADO
  • ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
  • Xornada de portas abertas. 13 de marzo ás 17:30h na aula de vídeo. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
  • 1 A 20 DE MARZO. Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se recollerá a documentación acreditativa dos criterios do baremo).
  • ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).
  • DO 20 AO 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.