Admisión 2013-2014


7. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO DO 20 AO 30 DE XUÑO. DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Os alumnos/as admitidos deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.
DOCUMENTACIÓN (tamén dispoñible na Secretaría do centro a partir do luns 10 de xuño):

6. ALUMNADO ADMITIDO ADXUDICADO POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN
 
5. LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS(Publicadas o 21 de maio)

Contra estas listas definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. (Artigo 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013)

MOI IMPORTANTE: O alumnado admitido deberá facer a MATRÍCULA do 20 ao 30 de xuño. O non facelo implicará a perda da praza.

4. LISTAXES PROVISIONAIS (Publicadas o 7 de maio) E PRAZO DE RECLAMACIÓNS 

IMPORTANTE: Estas listaxes poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de CINCO días hábiles (do 8 ao 16 de maio). Xunto coa reclamación presentarase tamén a documentación pertinente.

3. PRAZAS E SOLICITUDES

 

 
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 66  9  75 85
5º EI (4 ANOS) 0   0 2
6º EI (5 ANOS) 1 1 8
1º EP 0 0
0 2
2º EP 1       1 4
3º EP 1 1 4
4º EP 1 1 6
5º EP 0 0 2
6º EP 1 1 6
TOTAL   80 119

* Reserva obrigatoria de prazas para a súa posible adxudicación por parte da Comisión de Escolarización a alumnado con Necesidades Educativas Especiais.

2. LEXISLACIÓN, AVISOS E INFORMACIÓN XERAL
 
  • NOTA INFORMATIVA
    • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que se solicite praza en primeiro lugar. O seu incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
    • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
    • O alumnado que teña reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
1. PRAZOS
  • Reserva de praza para o centro de adscrición de secundaria (só para alumnos/as de 6º que se adscriban ao IES Rosalía de Castro).
  • Publicación das vacantes que hai no centro.
  • Xornada de portas abertas. 1O de abril ás 17:30h na aula de vídeo. Nesta actividade informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se recollerá a documentación acreditativa dos criterios do baremo).
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes).
  • Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo de un mes).
  • Formalización da matrícula dos alumnos/as admitidos.