Granxa de Feiraco


 

A Cooperativa Feiraco esta a levar a cabo unha actividade na Granxa de Busto-Corzón en Mazaricos na que dispoñen dun contacontos e un obradoiro de debuxo. O alumnado realizará tamén unha visita á granxa.

 

  • Alumnado de 3º de EP. 23 de maio.
 
  • Alumnado de 4º de EP. 2 e 3 de outrubro, A-B e C respectivamente.
 
  • Alumnado de 6º de EI 2 de outubro.

"O día 2 de outubro o alumnado de 5 anos, convidados pola cooperativa Feiraco, visitamos a granxa de Busto-Corzón en Mazaricos. Unha viaxe longa pero que mereceu a pena.
Nada máis chegar acolléronnos Carmen, Quique e Carlos para contarnos  o proceso do leite, desde a vaca ata as nosas casas na taza do almorzo. Nunha carpa habilitada para as visitas contáronnos a divertida historia da Vaca Chenoa e ensináronnos a debuxar unha vaca.
O mellor foi a visita ás instalacións onde puidemos incluso darlle o biberón a algúns dos becerriños. Voltamos para a escola cun agasallo consistente en iogourt e dous pequenos contos. Estas imaxes recollen algúns dos momentos."