Granxa Agro do Cruceiro


  Granxa Agro do Cruceiro


Somos unha familia que temos unha pequena granxa de orixe labrego na parroquia de Valenza, situada no norte do Concello de Coristanco, en plena comarca de Bergantiños, lugar privilexiado pola súa beleza paisaxística e natural. Ata fai poucos anos, a actividade principal era a explotación de vacas leiteiras, pero na actualidade dedicámonos ó cultivo de productos de horta. A rica composición do solo desta comarca fai que os productos de horta obteñan unha calidade excepcional. Tomates, leitugas e xudías son os productos que producimos nos invernadoiros, mentres que as cebolas e patacas plántanse ó ar libre. Ademais da producción hortícola, criamos porcos e capóns alimentados a base de verduras e millo do país, que cultivamos nós, e que a súa fariña de excelente calidade resulta moi saborosa para as masas.

  • 3 de xuño. ALumnado de 4º de EP.