Gallaecia Petrea



 

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha un programa de visitas didácticas para escolares á exposición Gallaecia Petrea, unha viaxe pola Historia de Galicia a través da pedra. Desde o misterio do petroglifos ás pezas máis actuais, os rapaces descubrirán a evolución da arte e a cultura galega a través de seis capítulos: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medievo, Moderna e Contemporánea.

O programa de visitas adáptase ás distintas etapas educativas (Infantil, Primaria, ESO, BAC, e Ciclos Formativos) e enriquécese con actividades educativas complementarias. O percorrido didáctico á exposición abórdase desde unha estratexia interactiva e motivadora, situando ao alumnado dentro dos períodos históricos á maneira de viaxeiros e investigadores.

Asiste o alumnado de 5º de EP o día 4 de decembro e o de 6º de EP o 7 de decembro.