Exposición: "A evolución..."



 

As tradicións e o patrimonio do Concello de Trazo están a salvo grazas ao traballo que fixeron os alumnos do Centro Público Integrado (CPI) Viaño Pequeno de Trazo. Os rapaces pasáronse un curso completo investigando "A evolución da agricultura e a súa incidencia no Patrimonio Inmaterial do Concello de Trazo".
Na exposición hai fotografías con escenas cotiás doutros tempos, e que hoxe teñen valor histórico e artístico. Algunhas delas datan de 1900. Dezaseis paneis explican, ademais, as festas típicas, como eran os remedios antigos con plantas, ou como se vivían os traballos no campo.

Patio cuberto. do 5 ao 30 de novembro.