Banco de libros


 

AVISO IMPORTANTE: Existen aínda libros de 5º curso dispoñibles (houbo máis libros doados que solicitudes). Aquelas familias interesadas en recibir libros de 5º poden solicitalos enviando un correo a anpaferradura@gmail.com. A primeira semana de setembro asignaranse os lotes.

 

Empréstito solidario de libros de 3º a 6º de ED. Primaria entre as familias de nenos e nenas do CEIP Pío XII


Á proposta da ANPA "A Ferradura" do CEIP Pío XII, este curso continuarase co empréstimo solidario de libros de texto dentro do Colexio.
O plano consiste en que as familias con nenos e nenas de 3º a 6º que o desexen doen os libros de texto ao remataren o curso para que poidan ser utilizados por outros nenos e nenas nos cursos seguintes. Os destinatarios do préstamo este ano serán os nenos que actualmente cursan desde 2º a 5º.
Cos libros recibidos, entre a ANPA e o Colexio procederase a llelos emprestar a aquelas familias que cumpran os requisitos que se establezan entre as que así o soliciten.

Os libros poderanse entregar ás titoras respectivas ou no local da ANPA os 20 e 21 de xuño.