Actividades extraescolares

 


Actividades extraescolares, comedor e madrugadores para o curso 2012-2013

PRAZO DE INSCRICIÓN DO 1 AO 17 DE XUÑO DE 2012

SOLICITUDE / INSCRICIÓN, NORMATIVA / HORARIO / PREZOS  

No caso de querer enviar a solicitude por correo electrónico, tendes que ter actualizada a versión do Adobe Reader. Pódese decargar de xeito gratuito na seguinte dirección:  

http://get.adobe.com/es/reader/ 

 


CIRCULAR: ACTIVIDADE DE TAEKWONDO - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os monitores do grupo de alumnos e alumnas de taekwondo quixéramos invitarlles a unha XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIARES E AMIGOS. A nosa proposta consiste en que o seu fillo/a taekwondista poderá INVITAR a unha sesión de clase A UN COMPAÑEIRO/A do Colexio ou FAMILIAR á actividade, totalmente de balde.

Con este motivo convocámolos para os vindeiros días 22 e 24 de Maio ás 16h.

Esperando que a nosa proposta sexa do seu agrado, quedamos á súa disposición, manifestándolles a nosa satisfacción por teren escollido
TAEKWONDO para o seu fillo/a. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar con nós a través do correo-e: roi.pazos1@hotmail.com ou a través da ANPA a Ferradura.

 


O programa de actividades extraescolares está cofinanciado no curso 2011-2012 polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

 

 

Aviso: renovación/inscrición natación (segundo cuadrimestre)

Ábrese o prazo para a inscrición ou renovación na actividade de natación (Piscina Universitaria) para o segundo cuadrimestre. Máis información aquí.

 


Aviso: actividade extraescolar de Taekwondo  

A actividade extraescolar de taekwondo comezará o próximo mes de novembro de 16 a 17h, os martes e xoves. Os interesados nesta actividade poden inscribirse no local da ANPA ou no correo electrónico  anpaferradura@gmail.com antes do 21 de outubro. 

 


Fotogalería. Festival ANPA. Curso 2010-2011 

Exhibición dos nosos rapaces que asisten diariamente ás distintas actividades que se veñen desenvolvendo no centro durante o curso 2010-2011.

 VER FOTOGALERIAS