Día da Paz
Enviado por ceippio12 o Mér, 2009-01-28 11:23
Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA", en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coas súas accións de non violencia consiguiu ua independencia da India e que foi asasinado ese mismo día en 1948. Tamén se lembra a morte doutro pacifista, MARTIN LUTHER KING, que coa non violencia fixo cambiar o sentir de moitas persoas no mundo e moi especialmente en Estados Unidos. Nós tamén conmemoramos ese día con actividades que nos fagan meditar a respecto de como se poden acadar os nosos obxectivos de xeito pacífico.
|
||
|
»