"Ciencia sen palabras"


 

"Ciencia sen palabras" é unha representación teatral sen palabras. A ciencia pode chegar a nós sen comunicación verbal. A obra procura transmitir a todos os públicos o espírito e traballo científico. Abrangue unha serie de experimentos científicos ou demostracións dalgún concepto da ciencia que son realizados por dúas personaxes coa intención de transmitir que a ciencia require esforzo e coñecemento.

  • A obra terá lugar na Sala de Usos Múltiples o día 21 de outubro ás 12:15. Asiste o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.