Consello Escolar 2022


Renovación Parcial do Consello Escolar. 22-23
Eleccións ao Consello Escolar

 

 

29/11/2022. Acordos da Xunta Electoral. Proclamación de candidaturas

De acordo co establecido nos artigos 31º e 51º do Decreto 92/1988, do 28  de abril (DOG do 29), quedaron proclamados como candidatos elixidos para formar o Consello Escolar do Centro os seguintes representantes:

Sector de nais, pais ou titores legais
Votos
1. Fernández Pan, Marta   18  Electa
2. Sánchez Cerrillo, Nekane   11  Electa
Sector de profesorado
1. Del Río Bolón, Rafael   30  Electo
2. Mansilla Chao, María José   21  Electa
3. Parrado Otero, Susana   19  Electa
Sector PAS
1. Mato Veiga, Marina     1  Electa
 

21/11/2022. 2ª reunión da Xunta Electoral

Proclamación e publicación de candidaturas por sectores.

Sector de nais, pais ou titores legais

  1. Fernández Pan, Marta
  2. Sánchez Cerrillo, Nekane           

Sector de profesorado

  1. Del Río Bolón, Rafael
  2. Mansilla Chao, María José
  3. Parrado Otero, Susana

Sector de PAS                           

  1. Mato Veiga, Marina  

Aprobación definitiva de censos electorais.

Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.

Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

Sector de nais, pais ou titores legais                           

  • PRESIDENTE             Xosé Manuel Casaleiro Fernández
  • VOGAL TITULAR 1      Calvo Calo, María Dolores
  • VOGAL TITULAR 1      Alonso Ferreiro, Almudena
  • VOGAL TITULAR 1      Vázquez Zubimendi, Claudio Fabián
  • VOGAL TITULAR 1      Verónica Zegers Zsoka
  • VOGAL SUPLENTE 1    Fernández Balseiro, Alberto
  • VOGAL SUPLENTE 2    Rivas Viñas, Oscar Jorge
  • VOGAL SUPLENTE 3    Novás Pérez, María Elena
  • VOGAL SUPLENTE 4    Alonso Núñez, Rafael

Sector de profesorado

  • PRESIDENTE              Xosé Manuel Casaleiro Fernández                   
  • SECRETARIA              Fuentes Vaamonde, Gloria                   
  • VOGAL TITULAR 1      Vidal Rey, Iago   
 

08/11/2022. 1ª reunión. Constitución da Xunta Electoral

A Xunta Electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais, e establece o seguinte calendario electoral:

9 de novembro

  • Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesorado, pais/nais e persoal de administración e servizos.
  • Publicación dos censos provisionais dos sectores educativos citados.
  • Envío de escritos ao Concello e a ANPA solicitándolles a designación dos seus representantes.

10 a 17 de novembro: Prazo de reclamacións ao censo.

11 a 18 de novembro: Prazo de presentación de candidaturas.

21 de novembro. 2ª reunión da Xunta Electoral

  • Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
  • Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
  • Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
  • Remate do prazo de reclamación ao censo.
  • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

21 a 28 de novembro. Campaña electoral

29 de novembro. Votación

  • Votación profesorado de 10:40 a 12:30h.
  • Votación pais, nais e titores legais do alumnado, de 16:00 a 20:00h na Sala de reunións.
  • Votación PAS de 11:00h.

30 de novembro. 3ª reunión da Xunta Electoral

  • Proclamación de candidatos ou candidatas.
  • Traslado de documentación á Xefatura Territorial.

13 de decembro. Constitución Consello Escolar

  • Remisión do informe do proceso de constitución do consello escolar á Xefatura Territorial.

 

01/11/2022. Sorteo Público: Elección da Xunta Electoral

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022. DOG do 30 de setembro, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por:
director do Centro, unha profesora ou profesor, unha nai, pai ou titor/a ou legal, representante do PAS. Os tres últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).

Dito SORTEO público, no que se preverá a designación de membros suplentes, será celebrado o martes día 2 de novembro ás 10:40h no salón de actos.

RESULTADO DO SORTEO E COMPOSICIÓN DA XUNTA ELECTORAL:

  1. Director do centro: Xosé Manuel Casaleiro Fernández
  2. Representante nais/pais: Verónica Zegers Zsoka
  3. Representante do profesorado: Gema Lara Pérez Amigo
  4. Representante do PAS: Marina Mato Veiga

A Xunta Electoral constituirase o martes 8 de novembro ás 16:30h.