Auga fonte de vida


Do 19 ao 23 de abril, o oso centro participou nunha nova mobilidade do proxecto Comenius, que desta vez se realizou en Ballymena, ao norde de Belfast en Irlanda do Norde.
Xunto con nós, participou profesorado dos centros colaboradores de Alemaña, Reino Unido.
Nestas reunións avaliaronse os traballos realizados e realizouse a programación para o vindeiro curso.

Entre os días 20 e 26 de outubro, unha delegación do centro realiza a primeira visita preparatoria do curso 2007-2008 ao Grundschule Fehrbellin en Alemaña, co obxecto de comezar cos traballos desta segunda fase do proxecto. O Director, Antonio Fernández e o Secretario do centro, Francisco Picos, partiron cara Alemaña cos materiais elaborados durante este primeiro trimestre.

Nesta visita procederase a programar os traballos do presente curso e a avaliar o xa realizado. A finais deste ano realizarase unha exposición con todo o material elaborado.