Auga, auga por todas partes
Conforme estaba previsto, o día 4 de novembro de 2006 chegaron a Compostela os profesores do Reino Unido (St. Michaels-Cornwall e St. Brigid's), Polonia (Primary School nº53) e Alemaña (Grundschule Fehrbellin) que xunto co noso centro están a traballar no proxecto escolar ”Auga, auga por todas partes”. Son recibidos no aeroporto de Santiago por membros do equipo directivo, que tamén os acompaña na cea, así como ás seguintes visitas que ao longo do día 5 realizaron: mercado de Padrón, porto de Ribeira, miradoiro da Curota na Pobra do Caramiñal, dolme de Axeitos e castro de Baroña.
O luns, día 6, realizan a primeira visita ó noso centro. Os profesores visitan varias aulas e máis tarde, na sala de vídeo, son “entrevistados” polo alumando participante no proxecto. De seguido, no salón de usos múltiples, cada grupo de alumnos dos mencionados ciclos reúnese cun profesor para falar con el dun xeito máis informal. Remata esta presentación oficial no centro coa interpretación musical, por parte Keith e Detlev, acompañados polo alumnado. O penúltimo día da súa visita teñen a ocasión de participar na festa do Magosto. Así mesmo coñeceron os traballos realizados polos distintos grupos de alumnos. Remata a sesión coa presentación dun resume dos traballos dos seus alumnos e coa programación de actividades encadradas baixo o lema “Auga, fonte de vida” a realizar a partires do segundo trimestre. Tivemos a ocasión de constatar as similitudes, referidas ao contido, entre os seus traballos e os nosos, con pequenas diferencias de forma. |
|
|
|
ACTIVIDADES DO CURSO 2006-2007:
|
|
|