Os contos do camiño


 Os contos do Camiño de Santiago. Museo do Pobo Galego

Os alumnos e alumnas de 5 anos do CEIP Pio XII asistiron o día 7 de xuño a un contacontos no Museo do Pobo Galego, patrocinado pola Consellería de Innovación e Industria e OQO Editores.
Raquel, a contacontos explicou en que edificio nos atopabamos, e alguns dos hábitos dos camiñantes que se achegan a Santiago, como é o de depositar nos "milladoiros" as pedras que traían da súa lugar de orixe.
Contaronse dous contos. "Mister corvo" foi o que máis gustou.
Xa para rematar pintaronse unhas pedras que levavamos  e puxoselle cada neno o seu nome, depositándoas logo no claustro do edificio a xeito de camiño, como testemuña do noso paso por aí.