Os Bolechas
Enviado por ceippio12 o Mar, 2007-05-15 12:29
Que contentos se puxeron os nenos e nenas de Educación Infantil cando recibiron nas aulas á familia dos Bolechas. O alumnado sintese moi identificado con eles por ser personaxes que participan na vida cotiá igual ca eles. Os Bolechas son 6 irmáns e un can que se van presentando un a un da seguinte forma: “Eu son………” ¿E ti quén es?, para fomentar nos nenos e nenas a expresión oral en lingua galega. Pasamos a presentalos… CARLOS é o irmán máis vello dos Bolechas, ten moita forza e come de todo. PILI e LOLI son irmáns xemelgas, Pili ten o pelo máis claro, gústalle xogar ao tenis e de maior quere ser veterinaria. A Loli gústalle facer maxia, tamén sabe de mecánica de coches. BRAULIO é o 3º irmán empezando pola cola. Sabe nadar moi ben e gustanlle os libros de inventos e de cómo funcionan as cousas. SONIA é a penúltima dos irmáns. Para sentirse maior, pon as cousas da nai: colares, pulseiras, bolsos, zapatos… TATÁ aínda é un bebé. As veces non atina onde bota a pelota e rompe as cousas. CHISPA é o can da familia. É un husky siberiano. Devece polos ósos do churrasco e polos da sopa cocidos. É ben lambón. Durante unha semana realizáronse distintas actividades relacionadas co material que a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingúística envióu aos centros: contos, crebacabezas, pegatinas, libriños para completar…. E unhas camisetas para poñer o nome de cada un e persoalizalas. Ao rematar a semana levaron o material e ían moi contentos coa camiseta co seu nome.día 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos o Día da Paz. As actividades desenvolvidas durante esa xornada xiraron arredor de dita conmemoración. |
|