Museo de Pobo Galego


 

MUSEO DO POBO GALEGO


O Museo do Pobo Galego ocupa o antigo convento de San Domingos de Bonaval, situado extramuros da cidade de Santiago de Compostela, na aba do monte da Almáciga e preto da Porta do Camiño, pola que os peregrinos do camiño francés acceden á cidade.
Cando se promulga a lei de exclaustración das ordes relixiosas o convento pasa a mans do Concello. Polo Real Decreto de 1836 da Reina Gobernadora, que dispón que "los edificios que fueron monasterios y conventos en esta Corte se destinen desde luego al beneficio de los pueblos", San Domingos é destinado "para cuarteles de los Regimientos de Compostela y Santiago, con demolición de la iglesia"; ende ben, este ditame no se chegou a executar. En 1841 o Concello destina o convento de Bonaval a hospicio, que por 1945 ocupaba aínda a parte norte; a ala sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de xordomudos e cegos. Ao ser suprimidas estas institucións quedou por un tempo desocupado, ata que en 1963 o Concello decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para Museo Municipal.

En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, o Concello cede o edificio para a creación do museo do mesmo nome.

 

  • 14, 15 e 16 de febreiro. 3º de EP A, B e C respectivamente.