Obradoiro de educación viaria
Enviado por ceippio12 o Lun, 2017-01-23 20:19
|
|
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA
O recinto feiral de Amio acolle desde hoxe ata o 17 de febreiro un parque infantil de tráfico instalado pola Policía Local dentro do programa de seguridade viaria "Móvete seguro con Moito Olliño".
A instalación permite que os nenos adquiran comportamentos responsables como condutores e peóns. Con ese obxectivo, na área de Amio reprodúcense situacións que se poden atopar na rúa e os nenos teñen que afrontalas poñéndose no papel de condutores, ciclistas ou peóns. Outros exercen de controladores para vixiar que os seus compañeiros respecten os semáforos, os sinais e os pasos de peóns...
- Alumnado de 6ºEP A, 24 de xaneiro.
- Alumnado de 6ºEP B-C, 3 de febreiro.
|
|
|
|
|