Skip to Content

Festa do deporte

Como ven sendo tradicional na nosa comunidade chegado o mes de maio celebramos "A festa do deporte". Aquí algunhas imaxes dese día que festexamos todos xuntos este ano.

http://tripwow.tripadvisor.com/tripwow/ta-01b0-490c-8d79/e/f4dee879e6/bg)0 0 no-repeat;">
Festa do Deporte Slideshow: Biblio’s trip from Costa de Almeria, Andalucía, España to Sada was created by TripAdvisor. See another Sada slideshow. Create your own stunning free slideshow from your travel photos.

Revista escolar

Nos próximos días terémos a nosa revista impresa. Aqui, tedes un adianto do contido da mesma.

O porto de Sada

O equipo de Normalización presentou o traballo sobre o Porto de Sada. 

Somos poetas

Os nenos de primeiro creamos poesías para o concurso das letras galegas, así soan nas voces dos seus autores

Untitled from isabelmaceira on Vimeo.

Formación de usuarios

Os máis pequenos utilizamos a biblioteca e aprendemos a valorar o que lemos.

Lembrando os antergos

Exposición realizada para achegarnos a obxectos de uso cotidiano dos nosos antergos

Día do Libro

O ano 2011 foi declarado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), ano internacional dos Bosques. Para celebrar o día internacional do libro temos feita unha pequena guía de lecturas que achegue ó seu coñecemnto e contribuir a que tomemos consciencia da necesidade de conservar o bosque e respetar a diversidade. guia de bosques

Artes de pesca e peixes

Na nosa biblioteca Benedicto Paz, pai dunha alumna de terceiro ciclo achegounos o coñecemento das artes de pesca e os peixes.

Saímos de excursión

16/06/2024 13:34
Europe/Madrid

Circular comedor e madruga 24/25

CIRCULAR INFORMATIVA : COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 24-25

No próximo curso 24-25 a xestión do servizo de COMEDOR (horario de 14:00a 16:00h) seguirá a cargo da ANPA QUINTÁN, e contaremos co servicio ofrecido pola empresa JARDANAY na modalidade de catering en liña quente.

Para o próximo curso volveremos ofrecer o servizo de MADRUGADORES (horario de 7:30 a 9:00) con almorzo ou sen almorzo, a través tamén da empresa JARDANAY.

Como novidade este curso, teremos a opción de HIPERMADRUGADORES (7:00-9:00), sempre que exista demanda para este servizo, con almorzo ou sen almorzo, a través da empresa JARDANAY

 

O período de inscrición para os servizos será do 1 o 31 AGOSTO

O número de monitores será amplo e suficiente para levar a cabo uns servizos de calidade para os nosos nen@s. Achegamos un díptico no seguinte link:

https://anpaquintanmondego.wordpress.com/comedor/

con toda a información necesaria para rexistrarse nos servizos, onde se reflexan prazos, operativa e forma de pago. Os prezos para este próximo curso estarán parcialmente subvencionados para todos aqueles usuarios que sexan Socios.

Recordamos que si xa eres Socio , a renovación será automática, e para facerse Socio tes que cubrir o formulario a través do seguinte link

https://anpaquintanmondego.wordpress.com/socios/

Calquera dúbida que vos poda xurdir contactade con nós a través do correo electrónico anpaquintan.info@gmail.com

Aproveitamos para desexarvos un feliz verán!! 

MAGOSTÍN

08/11/2023 10:29
Europe/Madrid

CIRCULAR COMEDOR 23/24

 

CIRCULAR INFORMATIVA : COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 23-24

No próximo curso 23-24 a xestión do servizo de COMEDOR (horario de 14:00a 16:00h) será a cargo da ANPA QUINTÁN, do mesmo xeito co servizo de MADRUGADORES (horario de 7:30 a 9:00)

O servizo de COMEDOR será na modalidade de catering en liña quente servido pola empresa Jardanay con sede en A Coruña.

O servizo de MADRUGADORES terá dúas opcións, con ou sen almorzo, servido tamén pola empresa Jardanay.

O número de monitores será amplo e suficiente para levar a cabo uns servizos de calidade para os nosos nen@s.

Achegamos un díptico  no seguinte link https://anpaquintanmondego.wordpress.com/comedor/

Con toda a información necesaria para rexistrarse nos servizos, onde se reflexan prazos, operativa e forma de pago. Os prezos para este próximo curso estarán parcialmente subvencionados por fondos propios da ANPA QUINTÁN para todos aqueles usuarios que sexan socios. Estamos a espera de poder firmar o convenio co Concello de Sada.

Recordamos que si xa eres Socio , a renovación será automática, e para facerse Socio tes que cubrir o formulario a través do seguinte link https://anpaquintanmondego.wordpress.com/socios

 En Setembro, antes do inicio de curso (11 setembro) convocaremos unha reunión informativa para calquera dúbida que poda xurdir.

 

Aproveitamos para desexarvos un feliz verán!!

 

 

Xunta Directiva

ANPA QUINTAN

 

DÍPTICO COMEDOR

INCLÚE-T// DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

INCLÚE-T

No mes de decembro conmemórase o DÍA da DIVERSIDADE FUNCIONAL. Unha vez máis, e con motivo desta celebración, visitaron o noso colexio algúns usuarios e persoal do Centro da Fundación  ASPACE para explicarlle ao noso alumnado de 5º de Primaria......

  • que é a paralise cerebral
  • como funciona o seu centro (ASPACE)
  • as diversas formas de comunicarse
  • os talleres nos que traballan
  • os desexos que teñen.......  (preme na foto para ver máis)

Entrega de DIPLOMAS como recoñecemento de titores e titoras No programa TEI

Entrega de DIPLOMAS ás alumnas e alumnos de 5º de Primaria que exerceron como titoras e titores  do alumnado de 3º no programa TEI

Tamén, as profesoras de 3º, entregaron diplomas a todo alumnado deste nivel, en recoñecemento da súa participación no programa.

( Aquí aparecen algunhas fotos representativas do acto )

 

 

Cartas de despedida. Programa TEI

Emotivas CARTAS  de despedida entre titores-titoras (5º primaria) e titorizados (3º Primaria) do programa TEI.

(Preme na foto para ver máis)

Presentación Mundego: VIAJANDO

Relacionado co proxento Mundego- Viaxes, as nenas e nenos da aula de enriquecemento elaboraron este interesante traballo que aquí compartimos con todos vós. PREME NA FOTO  para ver a presentación.

Proxecto de convivencia interxeracional: Traballamos cos nosos maiores

Proxecto de convivencia interxeracional: Traballamos cos nosos maiores, para a sensibilización do noso alumnado sobre as persoas maiores como medida de prevención contra a discriminación.

ACTIVIDADES:

- Visita do alumnado de 4º de primaria para coñercer o Centro de Día de Mondego.

- Traballo conxunto co proxecto da biblioteca, MUNDEGO: na súa visita ao Centro de Día, as nenas e nenos de 4º de primaria expuxeron os traballos que realizaron sobre diferentes países do mundo. Pola súa banda, os/as usuarios/as do Centro de Día, informaron ao alumnado sobre as diferentes formas de viaxar que se empregaban no século pasado.

 

 

Celebramos o Día da Paz, mércores 30 de xaneiro de 2019

Este mércores, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, cantando cancións todos xuntos e baixo a tutela da nosa animada profe de relixión: LitaSorriso

Tamén se realizaron murais con bonitos debuxos e lemas, e actividades relacionadas co programa TEI (titoría entre iguais)

Preme no corazón e poderás ver fotos dos debuxos e tamén das nenas e nenos cantando e bailando as cancións preparadas para este día.

Celebración do DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Contra a Violencia de Xénero

Anticipándonos ao  25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero

O alumnado do CEIP de Mondego-Sada , interpreta a canción de María Rozalén “LA PUERTA VIOLETA” nun emotivo acto  co que se quere manifestar a repulsa contra a violencia de xénero en todos e cada un dos días do ano. Ao mesmo tempo a actuación tamén serviu para realizar unha actividade de cohesión entre o alumnado de 3º e 5º participante do programa TEI : cada alumna e alumno de 3º interpretou a canción acompañada/o da súa titora ou titor de 5º  (preme para ver fotos, iremos engadindo máis)     

  E... directamente con E.Infantil

O Caderno de Maxín.

Comenzamos un novo curso recollendo as aportacións feitas polas familias nos cadernos viaxeiros que acompañan as  "Mochilas Viaxeiras" que visitan as casas das familias da nosa comunidade educativa.
Estamos a preparar as deste ano, que comenzarán a sua andadura en breve. Desexamos  que disfrutedes de estupendos momentos lectores xuntos no voso fogar.

Revista dixital escolar

Recen saidiña do forno aquí deixamos a nosa revista dixital.

Formación de usuarios

Aprendemos a usar a biblioteca

Asi foi o noso Entroido

Para rematar o Entroido o ENDL fixo unha pequena memoria de como transcurriron na nosa comunidade estas festas tradicionais.

Guía de lecturas

Co gallo do día da Muller traballadora, o Departamento de dinamización da convivencia escolar, o Departamento de Orientación e o equipo da biblioteca temos elaborado unha guía de lecturas que rompan roles estereotipados a nenos e nenas na procura don mundo de igualdade entre homes e mulleres. 

Guía de lecturas 8 de marzo

A paz

No centro celebramos realizando distintas actividades o día mundial da Paz e non violencia, cunha serie de actividades e traballos recollidos aquí-

O Entroido

O equipo de Mormalización para ir preparando as festas de Entroido que se aveciñan ten elaborado un unhas unidades didacticas de dita celebración na nosa bisbarra.

Felicitacion de Nadal

No noso festival Emilio cantou a Capela estas fermosas panxoliñas

h

Distribuir contido


by Dr. Radut