Skip to Content

Reunións E. Infantil e E. Primaria 2019/20

REUNIÓN INICIO DE CURSO PARA OS PÀIS/NAIS DO ALUMNADO DE E. INFANTIL (Acudirase á reunión sen os nenos)

 MARTES 10 DE SETEMBRO DE 2019

5 anos 6º E. Infantil ás 10:00 horas

4 anos 5º E. Infantil ás 11:00 horas

3 anos 4º E. Infantil ás 12:00 horas

 

REUNIÓN INICIO DE CURSO PARA PAIS/NAIS DO ALUMNADO DE E. PRIMARIA

1º NIVEL 16 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

2º NIVEL 23 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

3º NIVEL 16 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

4º NIVEL 23 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

5º NIVEL 30 DE SETEMBRO ÁS 17:00 horas

6º NIVEL 30 DE SETEMBRO ÁS 18:00 horas

Revista NOVAS DE MONDEGO!!

Un ano máis aquí temos a revista escolar NOVAS DE MONDEGO!! Un resumo do que aconteceu neste curso escolar 2018/2019

Excursión alumnado de 5º de E. Primaria a Lugo

O día 19 de xuño o alumnado de 5º curso de E. Primaria foi de excusión todo o día, visitando o mosteiro de Sobrado dos Monxes, Lugo e a súa muralla romana, o Castro de Viladonga, rematando coa visita a Fonmiñá onde “nace” o rio Miño.

 

Premio ao mellor xornalista infantil. Prensa escuela.

Leo Ferro Díaz, alumno de 1ºA de educación primaria, acadou o primeiro premio ao mellor xornalista infantil organizado polo programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia.

 

O alumnado de sexto participa na exposición da Reserva da Biosfera

O alumnado de sexto de educación primaria participou este venres na exposición sobre a Reserva da Biosfera, acto organizado polas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A exposición tivo lugar na Casa da Cultura de Sada e versou sobre "A viaxe do Beagle". Proxecto globalizado que abrangue diferentes contidos medioambientais a través da figura de Charles Darwin.

 

DÍA DO DEPORTE e Programa TEI

Xoves día 30 de maio, celebramos o DÍA do DEPORTE no noso colexio participando todas e todos, desde os máis pequeniños ata os maiores.

Tamén, titores e titorizados do programa TEI ( alumnado de 3º e 5º de Primaria) colaboraron de xeito conxunto na celebración do día do  DEPORTE ESCOLAR  no noso centro.

(preme na foto para ver máis)

 

 

Visita do alumnado de 6º E. Primaria ao estadio de Riazor

O alumnado de 6º de E. Primaria visitou o estadio de Riazor a través do programa “'Os Nosos Valores-Escolas 110% Branquiazuis', proyecto de LA OPINIÓN y la Fundación RC Deportivo.

Coñeceron o vestiario, o palco, a bancada, a zona mixta, o túnel que da acceso ao terreno de xogo..., unha charla da historia do Dépor e dos valores do mundo do deporte e unha firma de autógrafos e unha conversación informal con Patri López, Tere Abelleira e Joni Montiel.

Ao final repartiron unha entrada para vivir en directo o seguinte partido  de 2ª división: Deportivo – Mallorca.

Certame Letras Galegas 2019

Certame LETRAS GALEGAS  2019

Rifas anuladas

Relación de rifas anuladas do sorteo Pro Excursión fin de curso de 6º de E. Primaria que se celebrará o día 25 de maio de 2019:
Rifas comprendidas entre os números 0051 a 0100, 1701 a 1750 e 6651 a 6700.

Xornada de actividades asistidas con cans

Hoxe, xoves 16 de abril de 2018 tivemos no colexio unha xornada de actividades de traballo moi especiais con cans, Matilda, Bosco e Venus, unha terapeuta ocupacional e un educador canino de terapias asistidas.
Estas actividades está recollidas dentro do Plan Proxecta " Protexe os animais". Preme na foto para ver máis.

Saída do alumnado de 6º a Sobrado dos Monxes

O alumnado de 6º de educación primaria realizou este mércores unha visita ao mosteiro de Sobrado dos Monxes, coa colaboración do equipo das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A xornada finalizou cunha andaina pola ruta de sendeirismo da Carballeira.

Visita ao MUNCYT 5º EP

O alumnado de 5º de E. Primaria visitou o Muncyt o día 7 de maio de 2019. Preme na foto para ver máis

Ciencia na rúa 2019

O alumnado do CEIP Pedro Barrié de la Maza participou este sábado na XXIV edición da Ciencia na Rúa, amosando as súas experiencias e fomentando o método científico.

Máis actividades TEI

MÁIS ACTIVIDADES TEI

preme na foto e accederás as últimas actividades TEI

Badminton 2019

Este venres 5 de abril de 2019 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva  XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.

Dende as cinco da tarde e ata as oito e media da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado  estivo disfrutando do bádminton  con outros participantes do Obradoiro e do propio Clube do Mar. Preme na foto para ver máis

LETRAS GALEGAS 2019

Aquí atoparás Unidades Didácticas e outro material relacionado con ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas deste  ano 2019                       (preme na foto)

Feira matemática 2019

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou o sábado 30 de marzo de 2019 na décimo terceira feira matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.

A feira, que se desenvolveu en Palexco, A Coruña, contou con postos nos que os estudantes mostraron ao resto de participantes as súas propostas didácticas e actividades matemáticas.

Excursión Castelo Santa Cruz e Museo de Oleiros

O venres 29 de marzo de 2019 o alumnado de 6º de E. Primaria visitou o Castelo de Santa Cruz e o Museo de Oleiros. Preme na foto para ver máis

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2018-2019. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2019-2020.

Semana da prensa

Do día 11 ao 15 de marzo de 2019 celebramos a conmemoración da semana da prensa.

8 de marzo, día internacional da MULLER

Xa chega o Entroido 2019

Xa chega o Entroido!! Desde hoxe martes 26 de febreiro haberá "Mandas de Entroido"; na cabeza de dragón e no rei xigantón estará anunciada a que corresponde para cada día.

Excursión ao Porto de A Coruña

O alumnado de 3ºA e 3ºB de E. Primaria visitaron o día 11 de febrero de 2019 as instalacións do porto de A Coruña, coñecendo as labores e traballos que se realizan no porto.

Preme para ver máis fotos

Entrega de trofeos CAMPO A TRAVÉS, Cambre.

O pasado venres día 8 de febreiro entregáronse os trofeos de CAMPO A TRAVÉS, relativos a carreira celebrada  o 11 de xaneiro . 

Preme para ver máis fotos

 

Admisión 2019 - 2020

Entre o 1 e o 15 de febreiro de 2019:

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos,  artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)

Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/  que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.

A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:

ADMISIÓN

As solicitudes de admisión presentaranse:

Xornada de portas abertas curso 2019-20

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2019/2020 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MARTES 19 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

 

  • XOVES 28 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00

Campo a través Os Menhires 2019

Celebrouse este sábado 26 de xaneiro de 2019, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.
Os resultados foron moi satisfactorios:
1º como equipo en benxamín masculino e 3º en benxamín feminino.

Conciertos didácticos: "La fábrica de los sueños"

Os alumnos de 3º, 4º e 5º de E. Primaria asistiron o mércores 23 de xaneiro ao Palacio de la Opera para ver e escoitar á  Orquesta Sinfónica de Galicia interpretar " La fábrica de los sueños" nunha viaxe pola música de cine.

Distribuir contido


by Dr. Radut