Skip to Content

Información importante para a comunidade educativa.

12/11/2021 10:01
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Consideramos necesario informar e recordar distintos aspectos que poden influír no funcionamento do centro. 

Por unha parte, temos que incidir no deber de puntualidade dos alumnos/as ao centro. Ás faltas reiteradas de puntualidade considéranse como unha falta leve contra á convivencia do centro, recollidas na lei 4/2011 de convivencia e participación nos centros educativos.  

Por outro lado, é convinte recordar que o 10% de faltas mensuais sen xustificar ou indebidamente xustificadas supoñen a apertura dun procedemento de absentismo escolar. Para coñecer as faltas que son xustificables podedes consultar o artigo 2.4 do protocolo de absentismo escolar da Consellería de Educación. O punto 2.4 di o seguinte:

"2.4. Falta xustificable

1. Con carácter xeral, teñen a consideración de xustificables as seguintes faltas de asistencia a clase do alumnado:

a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario.

b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario.

d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos.

e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

2. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro educativo a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno."

Por último e non menos importante, hai que recordar encarecidamente que temos un Protocolo Covid no centro que é necesario cumprir, sobre todo no que se refire a uso de mascarillas,distancia e circulación polo centro.

O aumento de casos escolares en Galicia pode provocar a volta a medidas máis restrictivas polo que pedimos ás familias que dende a casa traballen cos nenos e nenas o emprego da mascarilla e o respeto polas distancias. A suavidade das medidas adoptadas neste curso con respecto a actividades no exterior, actividades extraescolares, comedor etc.. poden verse afectadas no caso de ter que volver a medidas máis restrictivas. Os posibles confinamentos tamén están determinados polo incumplimento destas medidas.

 

 

Un saúdo e gracias pola vosa colaboración. 

Información Comunidade Educativa

Prezadas familias:

Comunicamos que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

SAMAÍN

SAMAÍN 2021

Celebramos Samaín no cole de Mondego... o xoves 28 os alumnos/as de Infantil e o venres os de Primaria. Traede os vosos disfraces porque nós xa nos estamos a preparar...

O Samaín de Mondego... mete medooo...

 

 

Elección de representantes de pais/nais de alumnos/as no Consello Escolar

CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

 

A resolución de 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 29/09/2021) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.

 

O Proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:

 

        1  Sorteo de membros da Xunta Electoral.
        2  Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
        3  Presentación de Candidaturas.
        4  Publicación dos Censos Electorais.
        5  Proclamación de candidaturas.
        6  Presentación de reclamacións, se as houbera
        7  Votación e escrutinio.
        8  Proclamación de candidatos elixidos.
        9  Constitución do Consello Escolar.

 

O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o mércores  27 de outubro ás 11:50 horas. Unha vez constituída (día 2 nov.) emitirase información puntual do proceso mediante circulares.

ROUPA ESQUECIDA

21/10/2021 09:40
Europe/Madrid

Nun mes de curso temos o pavillón con moita roupa esquecida acumulada. Imos a poñer tres datas límite para a recollida de roupa. Nesas datas, donarase a unha organización social sen ánimo de lucro.

DATAS: 1º TRIMESTRE- 13 DECEMBRO

2º TRIMESTRE - 21 MARZO

3º TRIMESTRE - 27 XUÑO

Programa Arco

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participa este curso 2021-22 no Programa ARCO para a mellora do éxito escolar.

Día do ensino

07/10/2021 13:17
Europe/Madrid

 

Estimados pais/nais:

Lembramos que o día 11 de outubro non haberá clase por ser o día do ensino (Orde do 19 de maio de 2021 polo que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22)

Desfrutade da ponte ¡¡ 

 

 

Acceso á aula virtual

Ola familias:

Neste videotitorial explicamos como acceder á aula virtual. Tede en conta que os titores/as indicaranvos cando comezarán a traballar con ela e facilitarnanvos o usuario e contrasinal dos vosos fillos/as. Saúdos a todos e todas.

 

 

Aviso de cambio de sentido na circulación

10/09/2021 13:47
Europe/Madrid

Estimadas familias:

No día de hoxe notificouse por parte do concello de Sada un cambio no sentido da circulación para entrar no colexio. Este cambio será nas franxas horarias de 8:30 a 9:30 e de 13:30 a 14:15.

 

 

Axudas para alumnado con NEAE

09/09/2021 21:20
Europe/Madrid

Estimadas familias.

Dende o Departamento de Orientación queremos lembrarlles que o prazo para a solicitude de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo está aberto ata o 30 de setembro segundo figura na BDNS (base de datos nacional de subvencións) e publicado no BOE o 02/08/2021. As axudas deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es(Servicio al ciudadano trámites y servicios Estudiantes Becas y ayudas Para estudiar Primaria y secundaria) ou a través da sede electrónica do Ministerio e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es. onde figuran as condicións para poder acceder a estas axudas.

Un saúdo.

A xefa do Departamento de Orientación

 

Entradas do primeiro día de curso. Xoves 9 de setembro

06/09/2021 17:58
Europe/Madrid

 

Período de adaptación 4º Educación Infantil

03/09/2021 12:59
Europe/Madrid

PERÍODO DE ADAPTACIÓN. 4º EDUCACIÓN INFANTIL (9/21 DE SETEMBRO 2021)

LUNS     MARTES MÉRCORES XOVES    VENRES   
     

10:00/11:30 G.1

12:00/13:30 G.2

9

9:30/11:00 G.2

11:30/13:00 G.1

10

9:30/11:00 G.1

11:30/13:00 G.2

13

9:30/11:00 G.2

11:30/13:00 G.1

14

9:30/11:00 G.1

11:30/13:00 G.2

15

9:30/11:00 G.2

11:30/13:00 G.1

16

9:30/11:00 G.1

11:30/13:00 G.2

17

10:00/13:00

TODOS XUNTOS

CON MERENDA

20

 

10:00/13:00

TODOS XUNTOS

CON MERENDA

21

 

9:00/14:00

 

22

9:00/14:00

 

23

9:00/14:00

 

24

Os grupos asignaranse o día da reunión. 

Reunións de principio de curso

02/09/2021 14:27
Europe/Madrid

Recordamos que as reunións coas familias serán cunha soa persoa. Non poderán asistir dous proxenitores agás nos casos de irmáns que coincida a reunión o mesmo día. Esta é unha norma do protocolo COVID-19 que faise extensible a todos os trámites que teñades que facer no centro. 

O calendario de reunións será o seguinte:

4º EDUCACIÓN INFANTIL . Martes 7 ás 11:00 horas. Salón de Actos.

5º EDUCACIÓN INFANTIL A. Mércores 8 ás 11:30 horas. Sala de mestres.

5º EDUCACIÓN INFANTIL B. Mércores 8 ás 11:30 horas. Salón de actos. 

6º EDUCACIÓN INFANTIL A. Mércores 8 ás 10:30 horas. Sala de mestres. 

6º EDUCACIÓN INFANTIL B. Mércores 8 ás 10:30 horas. Patio cuberto Infantil.

1º DE PRIMARIA. Mércores 8 ás 12:00 horas. En cada aula.

2º DE PRIMARIA. Mércores 8 ás 12:30. En cada aula. 

3º DE PRIMARIA. Mércores 8 ás 16:00 horas. En cada aula.

4º DE PRIMARIA. Mércores 8 ás 17:00 horas. En cada aula. 

5º DE PRIMARIA. Mércores 8 ás 10:30 horas. Salón de actos. 

6º DE PRIMARIA. Martes 7 ás 10:30 horas. Salón de actos. 

Entrega de libros e recollida de material

01/09/2021 14:15
Europe/Madrid

Recordamos as datas nas que podedes recoller os libros do curso escolar 21/22. O mesmo día da recollida poderedes traer o material de aqueles nenos/as que o teñan mercado. Deberá vir correctamente identificado. 

Os cursos de entrega de libros son 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. 

 

Os libros entregaranse nas aulas. Poderedes consultar os grupos a partir do luns 6 de setembro. 

Os días serán: luns 6, martes 7 e mércores 8 en horario de 9:00 a 10:00 e de 12:00 a 14:00

Revista escolar curso 2021-2022

Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, publica a súa revista dixital. Desexamos que vos guste! 

 


INFORMACIÓN DA ANPA: MADRUGADORES E COMEDOR

Aberto o prazo de inscripción en madrugadores e comedor.
Mais información na web do ANPA:
 
 

Novo caso Covid

Hoxe confirmouse un novo caso de Covid-19 no noso centro educativo.

As familias afectadas xa foron debidamente informadas ao respecto.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Preparación do neno/a para o comenzo da escola

Debido á situación que estamos a vivir e para informarvos sobre algúns temas que vos poidan preocupar relacionados coa incorporación ao colexio dos vosos fillos e fillas, irémosvos dando a través desta web do centro toda a información que consideremos necesaria e vos poida axudar.

Consellos e periodo de adaptación

Recomendacións para favorecer o desenvolvemento da linguaxe

 

 

Nota informativa

Durante a tarde de hoxe , luns 7 de xuño o Sergas procederá a realizar un cribado aos usuarios das liñas de autobus 1 e 5 (esta última no reforzo 8:30) do noso centro, usuarios que xa foron contactados durante o fin de semana e poden seguir asistindo ao centro con total normalidade.

Novo caso Covid

Prezadas familias:

Comunicamos que se confirmou un caso da Covid-19 no centro educativo.

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Visita musical

A sadense Marta Fierro visita o noso centro, a través dunha iniciativa do mestre de educación musical, para transmitir ao alumnado a súa paixón pola música.

CERTAME LETRAS GALEGAS 2021

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un ano máis o Certame Literario nesta semana das letras galegas. Tendes os traballos gañadores publicados na galería. Tamén dispoñedes de todo o contido, xunto coas imaxes dos gañadores e gañadoras premendo na seguinte imaxe:

 

Letras Galegas 2021

Premendo na imaxe, podedes acceder ao contido publicado pola Real Academia Galega.

Tamén dispoñedes dunha unidade didáctica para traballar na aula no seguinte enlace: UNIDADE DIDÁCTICA XELA ARIAS.

Máis información nas seguintes ligazóns:

Maios 2021

Como en anos anteriores, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, promóvese a celebración dos maios. Esta festividade popular de orixes ancestrais, adoita celebrarse ao comezo do mes de maio, para dar a benvida á primavera.

Todo o alumnado que queira colaborar pode traer das súas casas as flores que desexen para adornar as dúas entradas do centro. 

Grazas!

 

Día do libro 2021

O pasado venres celebranos no centro o día do libro. A nosa biblioteca segue a fomentar a lectura e a compartir contos entre as diferentes aulas, tradición que vén realizando hai tempo. No blog de Biblio Mondego, tendes recollidas as diferentes lecturas do alumnado. Convidámosvos a que as compartades! 

Nota informativa Servizos Sociais de Sada

NOTA INFORMATIVA:

Dende Servizos sociais do concello de Sada, estamos a realizar unha investigación co fin de detectar a posesión de medios tecnolóxicos do alumnado dos centros educativos públicos de Sada. Isto é debido ao gran aumento do uso das tecnoloxías, no ámbitro educativo, a raíz da pandemia covid19. Os cuestionarios son compretamente anónimos e pregamos a vosa colaboración que pode servir de moita axuda. O prazo para cumprimentalo é ata o venres 23 de abril. Grazas pola súa colaboración.

Cuestionario

Acrosport

O alumnado de 5º e 6º está traballando na área de educación física unha disciplina acrobático-coreográfica: o acrosport.

Na galería de actividades tendes unha morea de imaxes destas xornadas.

 

PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL

O CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA FOI GALARDONADO CO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL A PROXECTOS EDUCATIVOS POLA IGUALDADE DE XÉNERO.

O Proxecto Buganvílea, realizado polo alumnado de 6ºC, acadou o VII Premio Concepción Arenal desenvolvendo diferentes actividades vencelladas á figura de Jeanne Baret.

Parabéns ao alumnado pola implicación e esforzo ao longo do proxecto!

 

Novo caso Covid-19

Hoxe pola tarde confirmouse 1 novo caso de Covid-19 no noso centro educativo.

As familias afectadas xa foron debidamente informadas ao respecto.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Novos casos Covid

Hoxe confirmouse dous novos casos de Covid-19 no noso centro educativo.

As familias afectadas xa foron debidamente informadas ao respecto.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut