CIRCULAR INFORMATIVA Nº1: SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO
A resolución de 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 29/09/2021) establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros de educación non universitarios.
O Proceso, na parte que implica aos pais e nais dos alumnos, segue os seguintes pasos:
1 Sorteo de membros da Xunta Electoral.
2 Convocatoria e constitución da Xunta Electoral.
3 Presentación de Candidaturas.
4 Publicación dos Censos Electorais.
5 Proclamación de candidaturas.
6 Presentación de reclamacións, se as houbera
7 Votación e escrutinio.
8 Proclamación de candidatos elixidos.
9 Constitución do Consello Escolar.
O Sorteo público para a formación da XUNTA ELECTORAL realizarase o mércores 27 de outubro ás 11:50 horas. Unha vez constituída (día 2 nov.) emitirase información puntual do proceso mediante circulares.