Como en anos anteriores, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, promóvese a celebración dos maios. Esta festividade popular de orixes ancestrais, adoita celebrarse ao comezo do mes de maio, para dar a benvida á primavera.
Todo o alumnado que queira colaborar pode traer das súas casas as flores que desexen para adornar as dúas entradas do centro.
Grazas!