Skip to Content

Enterro da Sardiña 2020

Este venres pasado celebramos no centro o "enterro da sardiña", unha tradición do Entroido que seguimos mantendo ao longo dos anos. Consiste na representación dunha procesión de enterro no que se queima unnha sardiña ou "meco", ao que se acompaña con botafumeiros e sátiras.

Na galería de actividades tendes imaxes da xornada. 

Entroido 2020

ENTROIDO 2020

Un Entroido no mar!

(preme na imaxe para acceder á galería)

Xornadas de portas abertas 2020-2021

Xornadas de portas abertas

Pensando na matrícula do próximo curso?

As Xornadas de portas abertas para as familias do alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso 2020/2021 xa están aquí!

Todas aquelas familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso centro poderán visitar as instalacións nas seguintes datas:

  • MARTES 18 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00 horas
  • XOVES 20 DE FEBREIRO de 16:00 a 18:00 horas
  • 1º Turno ás 16:00 horas
  • 2º Turno ás 17:00 horas

Visita a un Centro de Día

O alumnado de 4º de educación primaria visitou estes días o Centro de Día de Mondego, onde descubriron as diferentes actividades que realizan os seus usuarios. Esta iniciativa ten como obxectivo concienciar aos rapaces e rapazas da coidado e respecto cara as persoas maiores.

(preme na imaxe para acceder á galería)

Entrega de trofeos "campo a través"

Dani Mallo, concelleiro de Cambre, visitou hoxe o  noso centro para entregar os trofeos de "campo a través".

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE!

(PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA)

4º de primaria visita o MUNCYT

O alumnado de 4º de educación primaria visitou hoxe o museo nacional de ciencia e tecnoloxía.

(accede á galería de actividades para ver máis imaxes da xornada)

ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021: RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO.

Solicitude de Reserva

 Aberto do 1 ao 17 de Febreiro

Aquelas familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán presentar o impreso debidamente cuberto no noso centro. (formulario normalizado (ED550A)).

Tamén se poderá realizar a reserva través da aplicación admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 17 de febreiro.

 Normativa de aplicación

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Celebración da PAZ

O noso centro celebra o día escolar da non violencia e da paz.

(preme na imaxe para acceder á galería)

O alumnado de 6º visita Santiago

Na xornada de onte, o alumnado de 6º visitou o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego.

Na galería de actividades tendes máis imaxes desta saída.

Visita á Casa das Ciencias

O alumnado de 3º de educación primaria visitou hoxe a Casa das Ciencias.

(preme na imaxe e accede ao contido)

Campo a través Os Menhires 2020

Celebrouse este sábado 18 de xaneiro de 2020, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Os Menhires” no parque da Torre de Hércules en A Coruña.

Os resultados foron moi satisfactorios.
Moitos parabéns a todos os participantes nun día pasado por auga no que acabamos mollados  por completo!

(Preme na seguinte imaxe para acceder á galería)

Contratos Programa - Refórzate

O Ceip Pedro Barrié de la Maza participa este curso 19-20 en Iniciativa CONTRATOS PROGRAMA  dentro do programa para o reforzo para o avance e apoio na educación, que vai ser confinanaciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.

Campo a través

O ALUMNADO DO CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA PARTICIPA NUNHA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS.

Este venres 10 de xaneiro, tivo lugar o campionato de campo a través en Acea de Ma coa participación de diferentes centros escolares.

Cada equipo estivo formado por seis corredores, dos que puntúan os catro mellores clasificados. As clasificacións son de xeito individual e por equipos. Na galería de actividades tendes imaxes desta xornada deportiva.

Está previsto que a fase intercomarcal sexa o vindeiro sábado 18 de xaneiro, no parque "Os Menhires" (A Coruña). Informaremos ás familias e ao alumnado desta convocatoria.

Moitos parabéns a todos os participantes!

Bo Nadal!

A comunidade educativa do CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA deséxavos unhas FELICES FESTAS!

Visita dos Reis Magos

OS REIS MAGOS VISITAN MONDEGO! 

(preme na imaxe para acceder á galería)

Paradas afectadas pola borrasca Elsa

Infórmase que as paradas que poden estar afectadas para o transporte escolar durante o día de hoxe debido á borrasca Elsa son as seguintes:

Riobao

Veloi

Souto

Traballando sobre a biodiversidade

O alumnado de 6º de educación primaria está estes días realizando un taller sobre o coidado e protección da fauna autóctona, a través da Reserva da Biosfera.

Mediante estes cursos preténdese concienciar aos nenos e nenas da importancia da biodiversidade e respecto cara o medio ambiente.

Tarxetas do Nadal 2019

Aquí tendes as tarxetas premiadas neste Nadal 2019.

(Preme na imaxe para acceder ao contido)

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO POLO TRABALLO REALIZADO.

Actividades sobre Medio Ambiente

O equipo da Reserva da Biosfera visita estes días o centro para traballar co alumnado de terceiro ciclo o coidado do medio natural e o fomento da biodiversidade.

Visita ao Concello de Sada

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou hoxe o Concello, converténdose en concelleiros e concelleiras por un día. Realizaron un pleno no que trataron medidas en torno ao cambio climático, o coidado do medio ambiente, a violencia de xénero e a inclusión.

25 de novembro

 

O noso centro contra a eliminación da violencia de xénero! Alumnado, profesorado e personal non docente maniféstanse, nun acto simbólico, en contra do maltrato.

(Máis imaxes na galería de actividades). 

Visita ao Museo de Belas Artes

O alumnado de educación infantil visitou o pasado mércores unha exposición sobre o mar no Museo de Belas Artes da Coruña. Na galería de actividades tendes máis imaxes da xornada.

Visita ao Museo de Belas Artes

MeteoEscolas

O noso centro, participa este ano nun proxecto sobre climatoloxía a través de MeteoEscolas. É un proxecto globalizado no que se traballarán diferentes contidos en coordinación coa biblioteca escolar.

Tendes o enlace ao blog Aclimátate nesta mesma páxina.

MAGOSTO 2019

CELEBRANDO O MAGOTO UN ANO MÁIS!

Coma todos os anos, o centro celebra a festividade do magosto.

Na galería de actividades tendes imaxes da xornada.

Visita ao Aquarium Finisterrae

O alumnado de 5º de primaria visita o Aquarium Finisterrae. Na galería de actividades tendes imaxes dos diferentes animais que descubriron! Entre eles, o inconfundible Gastón.

Visita ao CEIDA

O alumnado do Ceip Pedro Barrié de la Maza visitou a semana pasada unha exposición no CEIDA. Reflexionaron sobre as obras representadas baixo o título de "Mare Plasticum", que versa sobre a contaminación do mar, as consecuencias ambientais e os problemas derivados da sobrepesca e explotación dos océanos.

Dende o centro animámosvos a que recicledes e reflexionedes sobre o coidado do medio ambiente.

 

Na galería de actividades tendes fotografías do alumnado de primeiro de primaria, destas xornadas sobre medio ambiente.

Celebrando o Samaín

O noso centro está cheo de cabazas, arañas, candeas e seres defuntos.

A celebración do Samaín ten orixe nunha festividade celta, que marcaba o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno. Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, foméntase a lembranza desta tradición mediante a exposición de cabazas no corredor da entrada e o desenvolvemento de diversas actividades na aula. Lembrade que a Biblioteca do centro ten unha selección de libros sobre esta temática.

Recoñecedes estes personaxes?

Na galería de actividades tendes máis fotos deste mércores tan terrorífico!

Festexando HALLOWEEN!

As mestras de inglés están celebrando estes días HALLOWEEN!

Na galería de actividades tendes diferentes fotografías da xornada. 

 

TEI 2019-2020

O día 21 de outubro de 2019 celebramos no salón de actos a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria para a implementación do “Programa TEI”, prevención da violencia e acoso escolar, asistindo o alcalde e a concelleira de Cultura de Sada, xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto.

Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar. 

Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación e continuidade no programa.

Na galería de actividades tendes máis imaxes e vídeos da xornada.

Carmen Pomar visita o noso centro educativo

A conselleira de educación, Carmen Pomar, visitou na xornada de hoxe o noso centro educativo para coñecer as súas instalacións e a realidade das nosas aulas.

O CEIP Pedro Barrié de la Maza está desenvolvendo nos últimos anos diferentes proxectos encamiñados ao fomento das competencias clave e á formación do profesorado. Participa en contratos programa, actividades intercentros, afianzamento da titoría entre iguais e a promoción dun hábito lector.

Distribuir contido


by Dr. Radut