O día 21 de outubro de 2019 celebramos no salón de actos a entrega de diplomas e carnés ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria para a implementación do “Programa TEI”, prevención da violencia e acoso escolar, asistindo o alcalde e a concelleira de Cultura de Sada, xunto co CFR A Coruña (Centro de Formación e Recursos), o presidente da Anpa Quintán e representantes do claustro de profesores xunto coa coordinadora do proxecto.
Dende o Ceip Pedro Barrié de la Maza entendemos que a prevención da violencia é a aposta por unha mellor convivencia no centro escolar.
Queremos agradecer a súa presenza do mesmo modo que ao alumnado de 5º e 3º de E. Primaria a súa boa acollida para a participación e continuidade no programa.
Na galería de actividades tendes máis imaxes e vídeos da xornada.