Skip to Content

club de lectura.

Para empezar o ano con ilusión, convocamos a os alumnos de terceiro ciclo a participar no club de lectura "O mundo de maxín", podedes apuntarvos antes do día 31 de xaneiro na Biblioteca.
Podedes atopar maís información e atopar o formulario de inscripción aquí 

Dereitos das Persoas

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou o 20 de novembro  como día "dos dereitos do neno", e o día 10 de decembro como o día dos "dereitos da humanidade"

Para celebrar ditas efemérides no noso centro temos feito unha exposición documental que nos axude a a coñecer e afondar nos nosos dereitos e deberes. 

Os  dereitos humanos son os dereitos básicos que debemos ter para ter unha vida plena. 

Tódalas persoas merecen a oportunidade de acadar o crecemento e o desenvolvemento das suas capacidades máis aló das necesidades básicas.

 Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


O Samaín

Así pasamos celebramos o Samaín na nosa comunidade

Promoción Biblioteca

Esperemos que vos guste este video de promoción da nosa biblioteca. 

Formación de Colaboradores

 Para celebrar a semana da Biblioteca Escolar, os alumnos colaboradores tiveron unha sesión de formación realizada por Alicia Barral,  na que aprenderon como está organizada a nosa biblioteca e o seu funcionamento, comprometéndose  a realizar a función de mantemento da colección e de axudar a os usuarios na procura da información e das lecturas que precisan.

A o remate da sesión, puxémos en marcha o  "Programa de Fomento da Lectura en Familia" sairon as mochilas viaxeiras rumbo a casa de todo o noso alumnado. 
Esperamos que teñan unha boa acollida e sementen ilusións, soños, fantasía e que produzan un incremento do afán lector da nosa comunidade educativa. 

O caderno de Maxín

A mochila viaxeira vai acompañada dun caderno no que cada quen deixa plasmada a súa idea creativa, un poema que lle gustou, un chiste para facernos rir, unha adiviña para que pensemos, un corido debuxo...
No seguinte libro podedes atopar unha selección das creacións dos nosos alumnos e alumnas durante o curso 2011/2012.
Buscade o CADERNO DO MAXÍN nas  mochilas e PARTICIPADE!

Caderno viaxeiro

Impórtannos moito as opinións dos alumnos e das súas familias. A partir delas intentamos mellorar ano tras ano o proxecto da Mochila Viaxeira. Aquí tedes unha selección das vosas aportacións durante o curso pasado. Animámosvos a que continuides plasmando as vosas reflexións no CADERNO VIAXEIRO.

Novas de Mondego

Un ano mais aqui temos a revista "NOVAS DE MONDEGO"

Festa do Deporte.

Celebramos a festa do deporte, todos participamos con moita ilusión e divertímonos moito con este evento.

Entrega de premios

Nestes días realizouse a entrega de premios do concurso celebrado con motivo das letras galegas de creacións literarias, poesía, banda deseñada e concurso de carteis celebrados no noso centro. 

O patrimonio de Sada

O equipo de ENDL levou a cabo a coordinación do traballo sobre o patrimonio de Sada, o resultado está exposto no noso centro, onde podedes visitalo estes días. 

Visita de Cervantes e Quixote

No mes do libro, recibimos unhas visitas moi especiales no noso centro:Don Miguel de Cervantes e Don Quixote achegáronos a o placer da lectura

Os avós fonte de sabedoría

Traballo elaborado polo equipo de Convivencia Escolar e o Departamento de Orientación para conmemorar o ano da integración interxeneracional.

Celebramos o día do libro.

 

 

 

Para celebar o día do libro no noso centro contamos e lemos historias  sobre o mundo dos  avós e compartímolas cos nosos compañeiros.

Guía para o alumnado

O Departamento de Orientacion ten editada unha guía para os alumnos que remantan a primaria e comenzarán no proximo curso a ESO

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Suxestións de lecturas

Este ano é o ano Europeo da Solidadridade Interxeneracional. Con tal motivo para celebrar o día do libro, temos preparado unha guía de lecturas entorno a os avós.

Guia Lecturas Abuelos

8 de marzo: "Día da muller"


O Día Internacional da Muller conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Na nosa biblioteca temos feito unha exposición na que a protagonista é a muller.

Lembranza do entroido

Todavía disfrutamos coa lembranza de días tan fermosos
no que por uns momentos transformámonos en: supermans
raiñas, princesas, fadas, meigos, zombis....
Deica o ano que ven Señor Entroido!

Convivencia escolar

O departamento de Orientación e a comisión de Convivencia Escolar teñen editada unha guía sobre o maltrato, como detectalo e como actuar.

A PAZ

Video recordatorio das actividades realizadas no noso centro para unir as nosas pregarias pola PAZ no mundo.
Reflexionamos sobre para que precisamos a paz, cando vivimos en Paz, fixemos unha pequena homenaxe a Isaac Diaz Pardo, cantamos xuntos, aprendemos a seleccionar xoguetes...... Libros, poesías e palabras.

Suxestión de lecturas.

Aproveitando estas festas entrañables e familiares o equipo da biblioteca e de Normalización desexamos lembrarvos que o mellor agasallo é aquel que vos invita a viaxar na compaña do voso maxín por países lonxanos, realidades cotidías, mundos fantásticos, ilusorios, sorprendentes e prodixiosos; embarcados no mundo enfeiticeiro das palabras.

Presentación1

Día dos dereitos humanos

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos . Para a celebración desta efemérides no noso centro fixemos:
  • Unha investigación sobre os dereitos e deberes que temos.
  • Investigamos como está a situación no mundo actual do cumprimento destes dereitos.
  • Fixemos unha exposición bibliográfica sobre o fondo documental que nos permite afondar sobre o tema.

Contas e contos

Contos números e outros enigmas das mates, con este título no noso centro temos unha exposición de material matemático que facilite a indagación, a formulación de novas preguntas, enigmas, desenrolar novas habilidades ...
Ven a nosa biblioteca e divirtete aprendendo e descubrindo os alguns dos enigmas das matemáticas.

O medo

A nosa biblioteca temos preparada unha selección dos libros da nosa colección coa temática "O medo".

Ven a coñecer as aventuras arrepiantes de bruxas, demos, trasnos...... que invaden a nosa biblioteca nestas datas

Mochilas Viaxeiras

mochilas viaxeirasComo xa ven sendo tradición na nosa comunidade, sairon da nosa biblioteca "As Mochilas Viaxeiras".

Xuntámonos para desexarlles  unha boa viaxe, que  cada unha delas  vos faga compartir entorno a lectura en familia momentos inesquencibles, e que volte a nos cos seus cadernos cheiños das vosas aportacións.

Formación de Usuarios.

 

Na nosa biblioteca xuntámonos tódolos colaboradores para realizar unha sesión de formación que correu a cargo de Alicia Barral. na que reflexionamos sobre os distintos tipos de materiais que podemos atopar nela, a diferenciar os distintos tipos de libros ollando o seu contido, a clasificalos dependendo a que idade vaian dirixidos, a saber se o material está dispoñible ou en préstamo....
Acordamos facer equipos para axudar no mantemento e facer un calendario de turnos... Pero tamén acordamos crear un blog, para comunicarnos contar cousas, opinar e recomendar os libros que lemos...

Cadernos viaxeiros

Recollemos algunhas das pegadas que foron deixadas nos "Cadernos viaxeiros", que ían dentro das Mochilas que visitaron a tódolos fogares da nosa comunidade escolar no curso pasado.
Visto o éxito obtido en anos anteriores, este ano novamente voltaremos a poñer en marcha esta mesma actividade.

A Sada dos nosos antergos

O ENDL para elaborar o proxecto do PORTO fixo unha recopilación de imaxes da Sada dos nosos antergos.


http://tripwow.tripadvisor.com/tripwow/ta-01b5-4826-8c56/e/64df130d08/bg)0 0 no-repeat;">
Sada Dos Antergos Slideshow: Biblio’s trip from Costa de Almeria, Andalucía, España to Sada was created by TripAdvisor. See another Sada slideshow. Create your own stunning slideshow with our free photo slideshow maker.

Exposición sobre o Porto

O equipo de ENDL ten feita unha exposición sobre "o porto de Sada".

http://tripwow.tripadvisor.com/tripwow/ta-01ae-16fa-d291/e/b4dee8fafc/bg)0 0 no-repeat;">
Exposición Porto de Sada Slideshow: Biblioteca’s trip from Costa de Almeria, Andalucía, España to Sada was created by TripAdvisor. See another Sada slideshow. Create a free slideshow with music from your travel photos.
Distribuir contido


by Dr. Radut