Para celebrar a semana da Biblioteca Escolar, os alumnos colaboradores tiveron unha sesión de formación realizada por Alicia Barral, na que aprenderon como está organizada a nosa biblioteca e o seu funcionamento, comprometéndose a realizar a función de mantemento da colección e de axudar a os usuarios na procura da información e das lecturas que precisan.
A o remate da sesión, puxémos en marcha o "Programa de Fomento da Lectura en Familia" sairon as mochilas viaxeiras rumbo a casa de todo o noso alumnado.
Esperamos que teñan unha boa acollida e sementen ilusións, soños, fantasía e que produzan un incremento do afán lector da nosa comunidade educativa.