A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou o 20 de novembro como día "dos dereitos do neno", e o día 10 de decembro como o día dos "dereitos da humanidade".
Para celebrar ditas efemérides no noso centro temos feito unha exposición documental que nos axude a a coñecer e afondar nos nosos dereitos e deberes.
Os dereitos humanos son os dereitos básicos que debemos ter para ter unha vida plena.
Tódalas persoas merecen a oportunidade de acadar o crecemento e o desenvolvemento das suas capacidades máis aló das necesidades básicas.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.