CIRCULAR INFORMATIVA : COMEDOR E MADRUGADORES CURSO 23-24
No próximo curso 23-24 a xestión do servizo de COMEDOR (horario de 14:00a 16:00h) será a cargo da ANPA QUINTÁN, do mesmo xeito co servizo de MADRUGADORES (horario de 7:30 a 9:00)
O servizo de COMEDOR será na modalidade de catering en liña quente servido pola empresa Jardanay con sede en A Coruña.
O servizo de MADRUGADORES terá dúas opcións, con ou sen almorzo, servido tamén pola empresa Jardanay.
O número de monitores será amplo e suficiente para levar a cabo uns servizos de calidade para os nosos nen@s.
Achegamos un díptico no seguinte link https://anpaquintanmondego.wordpress.com/comedor/
Con toda a información necesaria para rexistrarse nos servizos, onde se reflexan prazos, operativa e forma de pago. Os prezos para este próximo curso estarán parcialmente subvencionados por fondos propios da ANPA QUINTÁN para todos aqueles usuarios que sexan socios. Estamos a espera de poder firmar o convenio co Concello de Sada.
Recordamos que si xa eres Socio , a renovación será automática, e para facerse Socio tes que cubrir o formulario a través do seguinte link https://anpaquintanmondego.wordpress.com/socios
En Setembro, antes do inicio de curso (11 setembro) convocaremos unha reunión informativa para calquera dúbida que poda xurdir.
Aproveitamos para desexarvos un feliz verán!!
Xunta Directiva
ANPA QUINTAN