Anticipándonos ao 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero
O alumnado do CEIP de Mondego-Sada , interpreta a canción de María Rozalén “LA PUERTA VIOLETA” nun emotivo acto co que se quere manifestar a repulsa contra a violencia de xénero en todos e cada un dos días do ano. Ao mesmo tempo a actuación tamén serviu para realizar unha actividade de cohesión entre o alumnado de 3º e 5º participante do programa TEI : cada alumna e alumno de 3º interpretou a canción acompañada/o da súa titora ou titor de 5º (preme para ver fotos, iremos engadindo máis)