O pasado luns 29 de abril, o arquitecto Fermín Blanco, de proxecto Lupo, explicou a profesores, representantes de pais/nais, Anpa e representantes do concello, en que consistirá un proxecto que pretende acondicionar os espacios ao aire libre cos que conta o centro e transformalos en espacios funcionais onde se implementen pedagoxías de todo tipo.
Aprobado no consello escolar do día 15 de abril, o centro métese no programa "mestra de obra" no que nos seguintes catro anos poranse en marcha diversas actuacións para mellorar o noso centro e convertilo en referencia no uso de espacios ao aire libre.
Para ilo, necesitaremos a aportación de todos os que forman parte da comunidade educativa; profesores, pais e nais, persoal do centro, concello, outros organismos... Necesitaremos aportacións humáns, materiais, económicas. Agardamos que exista moita colaboración a este nivel e poidamos facer un colexio mellor.
Agardamos polo compromiso do concello para realizar unha microintervención na nosa "charca", unha aula da natureza que leva varios anos de traballo por parte de mestras do centro que impulsan a educación no medio natural como primeira toma de contacto coa educación no centro. Isto será unha das señas de identidade do noso "cole".