Estimadas familias:
Pedimos que se respeten os lugares designados para aparcar. Os lugares que moitos de vós estades elixindo par aparcar, provoca que moitos nenos teñan que invadir a carretera. O centro solicitará á policía municipal que se persoe para regular o aparcadoiro despois de detectar incidencias.
Recordamos que os usuarios de autobús deben facer uso do mesmo se non queren perder o dereito ao seu uso. Ao finalizar o mes, se se comproba que non se fixo uso cointinuado e se teñen faltas no número indicado na orde de transporte, pasarase a dar baixa no mesmo.
Deixamos un diagrama coas zonas designadas para aparcar, algo que se fai extensible aos usuarios de comedor e extraescolares.
ZONA DE APARCADOIRO de Roi Louzan