No pasado consello escolar, informouse dende a dirección das actuacións que vai a acometer a Consellería de Educación.
Como saberedes, o noso centro ten máis de 50 anos e o tempo estase a notar nas nosas instalacións. As necesidades do centro foron levadas á Xefatura Territorial en máis dunha ocasións, tanto polos equipos directivos pasados como polo actual.
Na pasada semana santa, rematou o proxecto encargado pola unidade técnica da consellería de reforma do sistema eléctrico do colexio, que estaba sen abordar dende os anos 70.
Por outra banda, nas mesmas datas, encargpouse por parte desta unidade técnica, o proxecto de reforma da cuberta do centro, fachada, carpintería interior e outras reformas no pavillón do centro.
Espérannos anos de convivir cunhas obras que son moi necesarias e mellorarán moito a situación do centro. Aquí vai unha mostra da situación actual do noso cole.