Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio

ESCOLMA POÉTICA DE ROSALÍA DE CASTRO, programa de febreiro do CEIP de Chancelas - Poio

Título:  Rosalía de Castro.Escolma poética
Autora: Rosalía de Castro
Ilustradora: Belén Padrón
Editorial: Kalandraka

Este libro presentado polos compañeiros do CEIP de Chancelas, recolle uhna escolma dalgunhas poesías  da grande poetisa  Rosalía de Castro da que este domingo 24 celebramos  o seu día. Os nosos compañeiros din que é un libro precioso, cunha edición moi coidada.  Neste programa  podemos escoitar algúns poemas musicados por Amancio Prada e a Señora Carme, e outros recitados polos nenos . Este é un bo libro para celebrar o DÏA DE ROSALIA.

12:18 minutes (8 MB)

ME LLAMO..., BIOGRAFÍAS de JULES VERNE e CHARLES CHAPLIN, programa do CEIP Nº2 de Tui

Neste programa recoméndannos 2 libros da Colección ME LLAMO, da Editorial Parramón: os adicados a Julio Verne e Charles Chaplin. 

ME LLAMO é unha colección de 23 biografías de personaxes relevantes. En cada libro, o personaxe elixido conta en primeira persoa o máis destacado da súa vida e faino a través das súas obras ou accións. Cunha narración atractiva, capta o interese dos nenos e nenas presentándolles o máis destacado destes personaxes. 


5:51 minutes (5.36 MB)

LÚA DE SENEGAL, o libro do programa de marzo do CEIP As Covas - Meaño

 TÍTULO: Lúa do Senegal

 AUTOR: Agustín Fernández Paz    

  ILUSTRADORA: Marina Seoane                            EDITORIAL: Edicións Xerais 

Conta a historia de Koedi, unha nena que ten que emigrar e deixar o seu  país, Senegal, porque os seus pais non tiñan traballo alí. Chega a Vigo e séntese moi soa; só  ten unha amiga, a Lúa,  coa que fala a miúdo. Neste programa os nenos/as de Meaño fan entrevistas preguntando  á xente pola emigración en Galicia, sobre que familiares  teñen emigrados, a onde lles gustaría emigrar… Como eles  din, este é un tema moi de actualidade. 


11:54 minutes (8 MB)

O DENTE DE CLARA, programa de marzo do CEIP Vicente Risco

 

TÍTULO: O dente de Clara

AUTORA: Ana Expósito Valle

EDITORIAL: Edelvives

RESUMO:  É a historia dunha nena chamada Clara, que unha noite coñece ao ratiño Pérez. Pero como este se equivoca porque a ela non lle caíra ningún dente,  ten que quedar a vivir con ela ata que lle caia un. Mentres tanto, viven moitas aventuras por todo o mundo.   Este libro ten debuxos moi bonitos de   Mª Fe Quesada.


10:29 minutes (8 MB)

Animais Encantadores, un programa do CEIP de Chancelas sobre este libro

 


TÍTULO: Animais encantadores

AUTORA:  Susa Herrera

EDITORIAL: Primera  Persona

RESUMO: É un libro infantil de animais, cunhas cantigas fermosas, dedicadas ao can, á ratiña, ao pingüín, ao dinosaurio, ao pitiño… Susa Herrera é profesora de música na Escola de Maxisterio de Pontevedra, e coñece moito o mundo dos nenos e tamén a música que lles gusta.

 O libro ten representacións a toda cor feitas a partires de figuras de plastilina, obra de  María Noel Toledo. As cancións van tamén acompañadas das súas partituras. Complétase cun CD de música.


14:05 minutes (8 MB)

EL AMULETO YORUBA, programa do CEIP Nº2 de Tui

TÍTULO: EL AMULETO YORUBA

AUTOR: Juán Miguel Sánchez Vigil

EDITORIAL: Alfaguara infantil

RESUMO:

Este libro trata dun neno de 10 anos que vive en Nixeria, pero como alí non hai traballo, cruza cos seus pais o deserto do Sahara ata chegar a Marrocos. Alí soben a unha patera. Nesa viaxe  morre a súa nai e el queda só co seu pai. Ao chegar á Península  cólleos a Garda Civil que lles dá comida, mantas…

Antes de saír do seu país, o avó deulle un amuleto da sorte  que el tiña. Chegarán a Madrid onde el irá ao cole e o seu pai atopará traballo de albanel. Ao principio non tiña amigos, pero logo consigue facer dous bos amigos.

Din  os nenos do Nº 2 que é un libro moi bo para que valoremos o que nós temos e entendamos o que pasan as persoas que veñen en pateras.


6:53 minutes (8 MB)

Programa 1: As Covas - Meaño: ESCOLMA DE POEMAS DE LUZ FANDIÑO

Comeza unha nova tempada da experiencia de Recomendación de libros e lecturas a través da Radio Municipal de Tui. O primeiro programa correu a cargo do alumnado do CEIP As Covas de Meaño e o comentario introdutorio que se inclúe aquí é do alumnado de 5º do CEIP de Pazos de Reis: 

TÍTULO: Escolma de poemas de Luz Fandiño.   

 Os nenos e nenas do CEIP AS COVAS DE MEAÑO faláronnos das fermosas poesías que escribe Luz Fandiño, que é unha poeta galega, máis concretamente de Santiago de Compostela, que escribe unS poemas moi bonitos que falan da súa vida e  as súas viaxes. Os alumnos de 6º fixéronlle unha entrevista, porque estivo no seu cole, e puxeron algúns anacos no programa. Tamén chamaron por teléfono a Tino Baz que é un cantautor da Guarda que lle puxo música a algúns destes poemas.

       Estes poemas non están recollidos en ningún libro polo que si queredes lelos ou escoitalos  tedes que entrar no seguinte blogue:

http://euestudonascovas.blogspot.com.es/


15:09 minutes (13.88 MB)

Progr2: Pazos de Reis- A BANDA DE PEPO

Título:  La banda de Pepo

 

Autor:  Fernando Claudín

Editorial: ANAYA

 Colección: El Duende Verde

Resumo: Pepo é o xefe da banda formada cos seus veciños e compañeiros do colexio: Toto, o musculiños; Xesús o responsable fillo do director do colexio; Santiago, fillo dun capitán de barco; Pedro, o fillo do mecánico; os xemelgos, Jorge e Xosé que sempre fan e din o mesmo; Susana, que ten trenzas que botan chispas e Matías, que ten un gato cardíaco. A banda fai moitas trasnadas, coma no aniversario de Susana, cando xogaron aos bombeiros e inundaron o cuarto de Pepo, e así sempre. 

 


11:32 minutes (21.13 MB)

Progr3: Nº2 de Tui - CORRUPCIÓN A MOGOLLÓN

TITULO: CORRUPCIÓN A MOGOLLÓN
Sosue 
Rulfián, director xeral da "Garda Viril", é un corrupto, e o superintendente envía a Mortadelo e Filemón a investigar. Pero Rulfián foxe co diñeiro da Garda Viril e os axentes deberán detelo


3:06 minutes (5.69 MB)

Progr4: V. Risco (28/11): - CARTAS A RATO PÉREZ

TÍTULO:  Cartas a Rato Pérez

AUTOR:   Antonia Ródenas

EDITORIAL : ANAYA

COLECCIÓN:  Sopa de Libros

 

RESUMO: É  a historia do gato Manchas Negras que queda sen dentes e  pídelle axuda ao Rato Pérez. Escribelle ata tres cartas para que Rato Pérez se decida a axudar a un gato. Empeza así unha viaxe na que descubrirá e vivirá varias historias e aventuras.

É un libro emocionante!!!


5:09 minutes (4.73 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut