Escoitade o programa co que participamos na edición nº20 de Ponte...nas ondas!. Adicámolo ao libro-disco "Rosalía Pequeniña" da cantante Uxía, á que entrevistamos.
A idea orixinal, o guión e a locución correu a cargo dos nenos e nenas de 5º, acompañados da súa mestra, Rita.
Contamos coas colaboracións do CEIP As Covas, de Meaño, e Nº2 de Tui.
Emitimos dende os estudos da Radio Muncipal de Tui, onde nos acompañou Jose Font, e tivemos no control a Javier Martínez.
En representación dos nenos e nenas da aula de 5º, Alba Martínez, Clara, Rocío e Alba De Marcos realizan esta completa entrevista a Uxía na que fan un repaso pola súa vida e a súa carreira musical, parándose especialmente no libro-disco Rosalía Pequeniña, publicado no 2013 pola editorial Galaxia.
RESUMO: "Cuentos para jugar" é un libro que recolle 21 contos un pouco especiais pois teñen 3 finais diferentes cada un. Moitos transcorren en cidades de Italia, xa que o autor naceu alí. É moi divertido ler contos cun final pero lelos con 3 é ainda mellor, ou tamén podemos xogar a inventar un nós mesmos.
COMENTARIO: Os nenos e nenas de 5º curso do CEIP As Covas neste primeiro programa do curso preséntannos a Paula Carballeira, lennos algúns poemas dela e anímannos a ler un libro de poesías que contan historias: "Animámosvos a que merquedes ou pidades na biblioteca do voso colexio "Contatrás" de Paula Carballeira"
Este libro pertence a una colección de libros que contan a biografía de moitos personaxes famosos. Este que nos presentaron os compañeiros de 6º do CEIP Nº 2 de Tui, está dedicado á vida e obra do cantante Jonh Lennon.
Naceu no ano 1940 en Liverpool ( Inglaterra) e formou parte do grupo The Beatles, que tan famoso foi en todo o mundo a partires dos anos 60. A muller que máis influíu na súa vida foi Yoko Ono. Morreu asasinado en 1980 en Nova York, cando contaba só 40 anos.
RESUMO: Conta a historia dun grupo de piratas que saen en busca dun tesouro escondido. O pirata Barracuda é o que ten máis ganas de atopalo e ten pensado facer o que faga falta para conseguilo. O problema vén despois: o tesouro non era nin ouro nin xoias, era…UN LIBRO!.
Pero ese era o peor tesouro para un pirata, xa que ningún sabe ler. Ao final , todos tiñan tanta curiosidade que decidiron aprender a ler. A pregunta é: conseguirán por fin ler o libro? Se o queredes saber tedes que ler este libro que gañou o Premio de Literatura Infantil EL BARCO DE VAPOR 2014.
VARIOS AUTORES/AS: Os nenos e nenas do CEIP de Chancelas
TEMA COMÚN: O medo
Os compañeiros do cole de Chancelas, en Poio, fixeron desta vez un programa moi especial no que nos recomendan un libro de medo que ten moitos autores e autoras: TÓDOLOS ALUMNOS-AS DO SEU COLE. Escolleron un tema, leron algúns libros de medo ( “ A figueira de pelos tortos” de Ana G. Castellano , “Pesadilla de una noche de verano” de Carlos Puerto) e despois decidíronse e escribiron un precioso libro colectivo DE MEEEEDOOOOOO…
Neste programa cóntannos o seu libro e convídannos a ler libros de medo.
RESUMO: Este é un conto de inverno para os máis pequenos. Conta a historia de Juan, un neno que cada ano pide cousas un pouco especiais aos Reis Magos e non consigueque llas traian.E para seguir nesa liña, este ano pide un pingüín de verdade e... , sorpresaaa!! Tráenllo!. Claro, os problemas chegan despois, porque opingüín ten que comer, hai que limpalo … Bueno, lede este libro e xa veredes o que pasa.
Este é o primeiro programa colectivo do curso 2014-2015. Nesta ocasión o alumnado de Infantil, 1º, 3º e 6º de Primaria foi o encargado de escoller as lecturas e gravar as súas recomendacións. Estes son os libros que escolleron; se premedes na imaxe levaravos a un documento con máis información sobre eles.
Escoitade o programa e veredes o ben que o fixeron.