Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio

Progr15: Chancelas - Poio (06/03) – LA NOCHE DE LOS MOCOS VIVIENTES

TÍTULO:  La noche de los mocos vivientes

AUTOR: Dav Pilkey

EDITORIAL: SM  -    COLECCIÓN:  El barco de vapor

RESUMO:

Trátase dunha historia  que dá moita risa. Jorge e  Berto métense nun lío do máis  pringoso que fai que a clase de primaria na que están se poña  a ferver, coma un volcán a punto de estoupar, e o lumbreras  do grupo  queira converterse nun neno biónico para poder librarse de Jorge e Berto.


6:15 minutes (5.73 MB)

Progr16: As Covas - Meaño (13/03) – OJO DE NUBE

 TÍTULO:  “Ojo de Nube” 

 AUTOR:  Ricardo Gómez

 EDITORIAL:   SM ,   COLECCIÓN:  El Barco de Vapor

 RESUMO:

 O libro trata dun neno cego que se chama “Ojo de Nube”.

 

Neste libro todas as persoas falan no idioma dos indios. Uns homes brancos queren invadir os pobos e “Ojo de nube”, que é un neno invidente, é capaz de evitalo. Os negros chaman aos brancos “Mala Cosa” por todo o que lles fan. Tamén conta a vida en África e o respeto que lle teñen os que viven alí á Natureza.


7:38 minutes (6.99 MB)

Progr17: Pazos de Reis - Tui (20/03) – 29 HISTORIAS DISPARATADAS

TÍTULO:  29 Historias disparatadas

AUTORA:  Úrsula Wölfel

EDITORIAL: Kalandraka

RESUMO DO LIBRO:

Este libro ten 29 contos que son moi chulos.

A autora sabía escribir moi ben para nenos, porque era mestra. Todos  nós resumimos as historias que máis nos gustaron.

O libro forma parte dunha triloxía: 27 HISTORIAS PARA TOMAR A SOPA     e     28 HISTORIAS PARA RIR.

 

Esperamos  que vos gusten.


10:51 minutes (19.87 MB)

Progr18: CEIP Nº2 - Tui (27/03) – O PEQUENO MAGO

TÍTULO: O pequeno Mago

AUTOR: Roque Cameselle

EDITORIAL: Xerais

RESUMO:

É un neno que facía maxia, chamábase BIEITO. Pero a  súa familia non o podía dicir porque din que os que fan maxia fan bruxería. É que  esta historia pasa na Idade Media.

 

Desenvólvese en Tui, na nosa cidade, por iso ao lelo recoñecemos algúns lugares: a catedral , a parte antiga, o río Miño …


4:50 minutes (4.43 MB)

Progr19: Vicente Risco- Vigo (03/04) – ZIMBO

  TÍTULO:  Zimbo

  AUTORES: Arturo Abad e Joanna Concejo

  EDITORIAL:  OQO

  RESUMO:

  Este libro tan só ten 32 páxinas,e está en    galego.

   Zimbo é unha marioneta moi educada que  pensaba que a vida era para disfrutala. Quería  abrir a porta da liberdade.

 

O adaxio do libro é:  ``Hai que moverse,tanto física coma mentalmente´´. Este libro ten unhas imaxes moi bonitas.


4:35 minutes (4.2 MB)

Progr20: Chancelas - Poio (10/04) – EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MÚSICA

TÍTULO: O asesinato do profesor de música

AUTOR: Jordi Sierra i Fabra

ILUSTRADOR: Pablo Núñez

EDITORIAL: Anaya

RESUMO: Trátase dun libro de misterio no que as pistas para resolvelo están relacionadas coa música.

             A conclusión dos nenos e nenas de Chancelas é a de que “Todos cun pouquiño de ganas e empeño podemos entender e disfrutar da música: escoitando, interpretando e compoñendo”.

   Un programa moi interesante que inclúe 1 peza de composición na escola: unha peza para vaso, mesa e boli con percusión corporal; unha xoia.

 

 Non deixedes de escoitalo nin de ler este libro tan inspirador. 


6:58 minutes (6.39 MB)

Progr21: As Covas- Meaño (08/05) – AS FLORES RADIACTIVAS

   TÍTULO: As flores radiactivas
AUTOR: Agustín Fernández Paz
ILUSTRADOR: Miguelanxo Prado
EDITORIAL: Xerais

  RESUMO: A historia está baseada en feitos reais.  Os vertidos radiactivos desta historia poden matar a moitísimos animais e persoas.

  A historia trata de que hai moitos anos algúns países tiraron os vertidos radiactivos ao mar para desfacérense deles; un día unha nena chamada Alba viu no mar algo que brillaba e eran… flores radiactivas!!

  Neste programa  os nenos e nenas de 6º do CEIP As Covas – Meaño aproveitan para se despediren desta actividade de radio xa que no vindeiro curso estarán no instituto. Que vos vaia moi ben!

 


6:07 minutes (5.61 MB)

Progr22: Pazos de Reis- Tui (15/05) – COLECTIVO LETRAS GALEGAS 2014

Estas son as recomendacións do alumnado da nosa escola para o programa especial das Letras Galegas 2014. Escoitádeas nas súas propias voces.


14:08 minutes (12.95 MB)

Progr23: Vicente Risco - Vigo(22/05) – AS ÁS DE XENOVEVA

TÍTULO: As ás de Xenoveva

AUTORA: Uxía Casal

 

EDITORIAL: Galaxia

COLECCIÓN: Árbore

Un libro que conta a historia dunha galiña que xa está farta de vivir na granxa e quere ir vivir aventuras no mundo exterior.


12:10 minutes (11.15 MB)

Progr24: Pazos de Reis- Tui (29/05) – DESPEDIDA DO CURSO 2013- 2014

As escolas participantes neste proxecto de recomendación de libros que vimos desenvolvendo dende hai xa 6 cursos despídense neste programa ata o curso 2014- 2015. Bo verán!

 


10:37 minutes (9.72 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut