Skip to Content
uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

Audio

CONTOS POR TELÉFONO, libro do programa de Pazos de Reis

O libro de “Contos por teléfono”  fala dun pai  que  chama todas as noites á súa filla por teléfono para contarlle un conto antes de se durmir. O pai é un viaxante  de  mediciña que viaxa por toda Italia e só esta na casa os domingos, por iso llos conta por teléfono.

Este libro ten un montón de contos curtos, que están ambientados en cidades de Italia. É moi divertido para ler na casa toda a familia.


16:00 minutes (8 MB)

O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO, libro do programa do CEIP As Covas de Meaño

 

  Título: O meu primeiro Celso Emilio

Autores: Xiana e Xosé Lastra.

Ilustracións: María Manuela

Edicións  Xerais de Galicia

Os nenos e nenas de 5º curso de Meaño recoméndannos este libro disco con poemas de Celso Emilio Ferreiro e cantigas baseadas neles.

Este programa é unha aportación máis ás homenaxes que se foron facendo ao longo deste ano para celebrar  os cen anos do nacemento deste escritor. 


15:14 minutes (8 MB)

CONTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS, programa do CEIP de Chancelas

TITULO: Cuentos en verso para niños perversos

AUTOR: Roald Dahl

ILUSTRADOR: Quentin Blake

TRADUCIÓN AO CASTELÁN:  Miguel Azaola

EDITORIAL: Alfaguara

RESUMO:

É un libro de contos en castelán, cur-

tos e bastante chulos. Os contos están contados ao revés e están escritos en formas de rimas. As princesas piden cousas de agora, as bruxas son fermosas, os lobos amables... é dicir, todo ao revés.


8:23 minutes (7.69 MB)

OPOSICIÓNS A BRUXA, E OUTROS CONTOS - Recomendación do CEIP Vicente Risco

 

Autor: José Antonio del Cañizo

Tradución ao galego: Valentín Arias

Editorial: Anaya

Colección: O Trasniño Verde 

Neste programa fálannos  "dun  pequeno libro onde se poden atopar varias historias: o exame do planeta Terra, unha princesa que inventou os pantalóns vaqueiros, unha bruxa que oposita, unha de tesouros de faraóns,..."

 


9:04 minutes (8 MB)

Programa de radio CEIP Nº2 de Tui, Konrad, el niño ...

Título:  KONRAD o el niño que salió de una lata de conservas

Autora: Christine Nöstlinger

Editorial Alfaguara


A señora Bartolotti vive bastante feliz, aínda que a xente pensa que é rara. Unha das súas aficións é pedir todo tipo de cousas por catálogo. Un día recibe unha gran lata cun neno dentro; unha fábricea faille chegar un dos seus mellores productos: un neno perfecto, educado, amable, listo e obediente.


10:45 minutes (8 MB)

Programa colectivo de Nadal do CEIP Pazos de Reis

Aquí están as recomendacións de todo o alumnado  de Pazos de Reis; un programa que hai que escoitar.

 

 Este é o libro que recomendamos para adultos

 

E este o  da música que escollemos: María Fumaça

 


 



13:34 minutes (8 MB)

DOWN - programa do CEIP Vicente Risco de Vigo

Título: Down

Autora: An Alfaya

Editorial: Rodeira Edebé

O que din os nenos e nenas no programa: Vai dun rapaz simpático, espelido e repoludo,  que se chama Siro, que quere descubrir por que o seu curmán Guillerme ten os ollos achinados. Dalle voltas, dando corda o papaventos da imaxinación. Segundo os nenos que leron o libro, é moi divertido, agradable e interesante.

 


5:38 minutes (5.17 MB)

A CHAVE DA ATLÁNTIDA, programa do CEIP Nº2 de Tui

Título:  A Chave da Atlántida

Autor (texto e ilustracións): Anxo Fariña

Edicións Xerais de Galicia

Premio Merlín de Literatura Infantil 2011

O que din os nenos e nenas no programa: É un libro de ciencia ficción ... do autor dos Megatoxos (...) É moi entretido e fácil de ler.


5:54 minutes (8 MB)

O BRILLO DOS ELEFANTES, programa de febreiro do CEIP de Pazos de Reis

Título: O brillo dos elefantes

Autor: Fran Alonso

Ilustrador: Enjamio

Edicións Xerais de Galicia

Un libro que fala de tristura na infancia dun neno de Centroamérica, pero tamén de alegrías e de como lle perde o medo á noite. 


13:43 minutes (8 MB)

O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES, no programa de febreiro do CEIP As Covas - Meaño

Título: O estanque dos parrulos pobres

Autora: Fina Casalderrey

Editorial: Rodeira

O que din os nenos e nenas no programa: Trata dunha nena que se chama Noema, que ten por amigo ao seu avó porque o seu pai está pouco na casa. Cando morre o avó, a rapaza non o comprende. Este libro é triste pero interesante. Ensina a apreciar aos maiores porque son moi sabios. 


8:06 minutes (7.41 MB)
Distribuir contido


by Dr. Radut