RESUMO: É un libro de sentimentos. Un neno , que se chama Kori, vive nos campamentos de refuxiados do Sahara, e ten un camelo que é o seu mellor amigo, chámase Caramelo.
O neno apuntaba todo no seu diario; un dia escoitou que o pobo ía sacrificar a Caramelo porque non tiñan comida, entón fuxiu con el.
Este é o programa no que o alumnado da nosa escola recomenda oito libros escollidos por eles para este Nadal; os títulos son os que aparecen aquí, as razóns dánnolas eles mesmos no programa de radio que se emitiu o xoves 19 de decembro.
AUTORES: Versión de Miguelanxo Prado sobre a historia de Sergei Prokofiev
EDITORIAL : Norma
RESUMO:
Pedro, un neno que vivía co seu avó no bosque, saíu un día a pasear acompañado dun paxariño, pero alí estaba un gato que quería atrapalo para comelo. O avó oíu a Pedro e chamouno, el volveu á casa e o avó díxolle que había un lobo moi perigoso e non debería saír. Pero Pedro saíu outra vez ao bosque co paxaro porque quería cazar ao lobo; o paxaro intentou distraelo mentres Pedro collía unha corda para cazalo. Menos mal que os cazadores se enteraron, que perigo! e foron ata alí e disparáronlle ao lobo. Por fin libráranse do malvado lobo pero Pedro sentíase culpable, dáballe pena o animal.
Os protagonistas son dous nenos orfos, Said e Sheila, de catorce
e doce anos que están vivindo no 2077. Estes dous personaxes viven outra aventura ; todo comeza cando descobren unha estraña mortalidade peixes nun lago ao lado da súa casa, pronto descobren tamén que un multimillonario quere dominar o mundo facendo explotar bombas colocadas na Antártida.
Aos nenos e nenas do CEIP Vicente Risco de Vigo gustoulles moito.
Unha nena chamada Ana, sempre mira pasar un tren, todos os días. Pero o tren non paraba porque onde vivía non había estación.
Un día o tren parou na súa casa e Ana subiu.O tren recorre moitísimos países e Ana desfruta da súa viaxe pero ten un misterio, o das Caixas Azuis; para collelas ten que solucionar unhas adiviñas.
Un libro que non ten moito que ver coa Lúa pero que se titula así porque á avoa da nena protagonista, Baraka, lle din “Estás na lúa” cando se esquece das cousas; e o avó ten o alcume de “O Lunático” porque sempre soñou con ir á Lúa.
A canción da despedida é do disco “Bantu” de Aline Frazäo.
RESUMO: Os alumnos non sabían que ían ter unhas vacacións moi diferentes: participaran no concurso Coñeces Europa? e, como gañaran, tiñan de agasallo unha viaxe gratuita por Europa. Serán viaxes moi interesantes.