Skip to Content

Orientación

Luns, 18 de maio de 2020

 

SÍNDROME DA CABANA

Escoitastes falar deste termo?...dito dun modo sinxelo, o síndrome da cabana ven a ser o sentimento de medo e/ou pánico que algunhas persoas poden experimentar ao volver a saír á rúa, tras pasar certo tempo de reclusión forzosa.

Ao mellor nunca chegastes a sentilo pero por se sodes d@s que están a sufrilo e/ou coñecedes a alguén nesta situación, obteredes  información así como unhas sinxelas pautas para preparar unha saída eficaz no estupendo documento elaborado pola Orientadora do colexio de Hío que incluimos a continuación.... Desexamos que vos axude!

https://view.genial.ly/5eb588868c034e0d162d37c2/presentation-sair-a-rua  

 

**********

 

16 de maio de 2020

 

TELETRABALLO

Moitas nais e moitos pais así como a meirande parte do profesorado levamos casi dous meses traballando dende a casa e/ou teletraballando; trátase dunha modalidade laboral que moit@s de nós nunca emplearamos e, en consecuencia , supón un gran esforzo para que resulte exitoso.

Non sabemos canto falta para a volta á normalidade dos nosos traballos e, por dita razón, deberiamos coidarnos para non desfalecer e superar o stress que dita situación poidera xerar en nós.

Moito ánimo a tod@s e , no seguinte enlace, adxuntamos uns sinxelos consellos para non sucumbir á situación.

https://elpais.com/sociedad/2020/03/20/actualidad/1584713129_748120.html

 

Saúdos do Equipo de Orientación !

 

 

**********

 

10 de maio de 2020

 

EDUCACIÓN EMOCIONAL

O pasado 2 de maio foi o día mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares de Educación Primaria e Secundaria en todo o mundo.

Segundo o Dr. Javier Miglino, fundador de Bullying Sen Fronteiras: "O bullying é un inimigo silencioso que se nutre de tres velenos: a soidade, a tristura e o medo"; e, por outro lado, Rafael Bisquerra, experto en Intelixencia emocional, di que “unha persoa que se atopa BEN non ten necesidade de agreder ou molestar a outra”.

Por dita razón temos que incidir na Educación Emocional como factor preventivo do acoso escolar e conseguir nenas e menos emocionalmente competentes.

A continuación, os propoñemos unha serie de cadernos, elaborados polo Equipo de Conduta de Granada, con actividades para o desenvolvemento emocional en familia.

https://equipotecnicoorientaciongranada.com/trastornos-graves-de-conducta/

 

 

***********

 

 

Bo día!!

Xa tedes a vosa disposición o Blog do Departamento de Orientación. Nel atoparedes información de interese relacionada coa situación que estamos a vivir, así como: diversos xogos, recursos e actividades relacionados coa área de Pedagoxía Terapeútica e Audición e Linguaxe.

Pincha no seguinte enlace para acceder ao blog.

https://ceipparada.blogspot.com/

 

 

 

 

                                                                              25 DE ABRIL DE 2020

 

 

 

Ola familias!

 

Xa está cerca o momento en que @s peques de casa poidan saír a dar un paseo...será a partires do próximo domingo 26 de abril.

 

É moi importante que coñezades ben as normas e condicións para facelo do xeito máis seguro para tod@s vós.

 

A continuación, incluímos unha pequena guía para familias, elaborada pola psicóloga Sabina Serrano, e un conto para que @s peques afronten esta nova situación da mellor maneira posible.

 

... e se despois de tanto tempo estamos sen ideas ,  a Cidade da Cultura e o Museo de Historia Natural teñen preparados obradoiros e actividades superchulas!

 

 

      Xa queda menos....  

 

         Moito ánimo para tod@s!

 

                             

             INFORMACIÓN LUNS 30 DE MARZO

 3ª semana

 

Ola familias!!! Como vai todo? Moito ánimo que xa queda un día menos!!!

 

Aquí vos deixamos unha serie de propostas, xogos  e actividades para pasar o mellor posible este período de tempo e unha serie de pautas para adaptarnos á cuarentena.

 

Así mesmo, adxuntamos unha serie de estratexias para fortalecer e mellorar o ámbito afectivo-emocional do noso alumnado a través da intelixencia emocional, xa que, a situación na que nos atopamos tamén é unha boa oportunidade para aprender moitísimo fora do ámbito académico.

 

Apertas grandes

O equipo de orientación .

 

 

INFORMACIÓN LUNS 23 DE MARZO

 2ª semana

 

Quedamos na casa!!

A situación estase a alargar no tempo e é importante que @s nen@s entendan por que no poden ir ao cole nin saír ao parque ou visitar aos avós, amig@s,... Por dita razón,  propoñemos no seguinte enlace un conto que poden colorear… Hai  versións en varias linguas: en galego, en castelán e en inglés.

 

https://www.dalmaus.com/mision-quedarse-en-casa

 

…e non podedes olvidar o importante que é lavar moi ben as mans. Sabedes facelo? Mirade que ben o fan os de MIGALLLAS

                                   

E se o facedes moi ben, igual tedes un premio. Probade co xogo do corona virus.

 

O Ministerio de Educación e FP e RTVE lanza  Aprendemos en casa para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais. Trátase dun programa dirixido ao alumnado de 6 a 16 anos cunha duración de 5 horas diarias, sendo o seu horario de 9:00  a 14:00 h.

 

Por outra banda, a TVG en colaboración coa Consellería de Educación , Universidade e Formación Profesional está a emitir pola G2 ,de luns a venres  e entre as 11:00 e as 13:00 h, un  bloque educativo para apoiar aos estudantes galegos.

 

Como non todo van ser tarefas escolares, podemos tentar levar a cabo cos peques as ideas que nos propón estacionbambalina.com!!

 

…e como di o arco da vella que  estamos a ver estos días en moitas ventás TODO VAI SAÍR BEN ...A que esperas para descargar o teu?

                                                 

O equipo de Orientación.  

 

INFORMACIÓN LUNS 16 DE MARZO

 

 

AdxuntoTamaño
INTELIXENCIA EMOCIONAL EN MOMENTOS DE CRISE.pdf189.34 KB
PAUTAS PARA ADAPTARNOS Á CUARENTENA.pdf453.37 KB
PASAPALABRA BURBUJA LENGUAJE.pdf512.16 KB
Carta ás familias.pdf109.78 KB
ATENCIÓN.pdf6.11 MB
DISLEXIA.pdf292.22 KB
ESTIMULACIÓN COGNITIVA.pdf10.74 MB
ESTIMULACIÓN COGNITIVA 2.pdf10.84 MB
TEA-nos-quedamos-en-casa (1).pdf.pdf2.25 MB
APPs y WEBS para alumnado TEA.pdf81.08 KB
MANDALAS.pdf15.12 MB
SEMANA 2 INFORMACIÓN PT-AL.pdf120.9 KB
INFORMACIÓN PARA AS SAÍDAS DOS NENOS E NENAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA 25.pdf121.63 KB


paxina | by Dr. Radut