Skip to Content

Información Bolsas NEAE 2024-2025

Dende o centro informamos de que abriu o plazo para a solicitude de Bolsas NEAE (Alumnado con Necesidade de Apoio Educativo) para o curso 2024-2025.

O prazo estará aberto dende o 30 de abril ata o 13 de setembro inclusive.

As familias cubrirán, tal como indica a convocatoria, exclusivamente as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. Prema no seguinte enlace: 

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/seleccionarConvocatoria.jjsp

 

Importante:

1.     Cubrir a solicitude na Sede Electónica.

2.     Imprimir.

3.     Marcar os documentos a adxuntar.

4.     Asinar onde se indica.

 

Documentación para todas as solicitudes: 

1. Certificado de conta bancaria onde conste o alumno/a como titular ou cotitular.

2. Certificado de discapacidade igual ou superior ao 25% /Informes médicos actualizados (Altas Capacidades non). 

3. Cumplimentar apartado D polo Gabinete ao que vaia acudir o alumno/a.

 

Por último, traer ao centro toda a información antes do 13 de setembro.

 

Para máis información adxúntase a convocatoria.

AdxuntoTamaño
Convocatoria NEAE curso 2024_2025 Firmada.pdf273.58 KB


paxina | by Dr. Radut