Skip to Content

Recollida material escolar e libros de texto.

A partir do luns 8 de xuño as familias poderán acercarse de forma escalonada ao centro para a recollida dos libros de texto e material do alumnado atendendo ao seguinte horario ( de 10:30 A 13:00)

horario_recollida

Para facilitar a recollida:

  • As familias que acudan ao centro na súa quenda poderán recoller o material doutro fillo/a, que estea noutro curso, aínda que non lle corresponda ese día.
  • Tamén poderán recoller material doutro alumno/a. 

O mesmo día que se fai a recollida de material:

  • Os alumnos/as de 4º e 6º de Educación Primaria deberán devolver todos os libros de texto correspondentes a FONDO LIBROS
  • Os alumnos/as dos cursos 3º e 5º de Educación Primaria deberán devolver os libros de inglés correspondentes a FONDO LIBROS.

Quen non poida adaptarse a estas quendas comuníqueo ás/os titores/as e darémoslle outra data.

 

PRÉGASE ACUDIR COAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN OPORTUNAS E SEN NENOS/AS

 



paxina | by Dr. Radut