O martes, día 18 de Novembro, toda primaria disfrutará no centro de unha serie de xogos enfocados a practicar a lingua galega. Esta actividade será levada a cabo por o grupo:
Forza 3:
1. LIngua Forza 3 (para os tres ciclos de primaria)
Descripción:
LIngua Forza 3 é unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística,
deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas terán que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade fisica, lingüística e mental. Os monitores de Xandobela irán enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas. O formato e a presentación da actividade é común aos tres ciclos de primaria, ainda que varían as probas. a dificultade e os contidos lingüísticos.
Obxectivos:
- Dinamizar o uso da lingua galega na Infancia a través do xogo e do traballo en
eqipo.
- Promover o xogo en galego : xogos tradicionais e xogos novos.
- Asociar o uso da lingua galega a outras áreas do currículo, especialmente á
educación física.
Niveis:
- Lingua Forza 3 para 1º ciclo de educación primaria
- lingua Forza 3 para 2º ciclo de educación primaria
- Lingua Forza 3 para 3 ºciclo de educación primaria
Participantes: entre 20 e 60 nenos e nenas (número orientativo)
Esta actividade está organizada polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.