Eventos
Hoxe, para amenizar o plan lector, a mamá de Diego nos agasallará cun conto especialmente pensado para os máis pequechos.
Moitas grazas
O martes teremos a sorte de poder ver en acción a Leopoldo. Trátase dun libro viaxeiro que nos contará sorprendentes historias.
O martes día 26, os alumnos de sexto curso, acompañados pola súa titora e a directora, visitarán o Instituto que o noso cole ten adscrito e no que moitos dos rapaces continuarán os seus estudos: O IES Xunqueira I
Será unha visita na que percorrerán o instituto e lles explicarán a súa forma de traballar e as normas polas que se rixe.
Agardamos que sexa unha visita fructífera.
Esperamos que por fin o tempo nos dea unha tregua e poidamos visitar este obradoiro que nos interesa tanto. A derradeira intentona farémola o venres 29. A ver si hai sorte
Será para os alumnos de 3º, 4º e 6º
Os alumnos de 5º visitan o Pazo da Cultura de Pontevedra como remate do seu Proxecto "Ponte a Europa"
Este martes as profes de infantil farán unha reunión cos pais e nais dos alumnos que este ano están en 3 anos e 4 anos.
Será unha reunión informativa para falar sobre o material de cara ao próximo ano e da excursión de fin de curso.
Este venres celebraremos o festival de fin de curso coas actuacións de todolos alumnos do centro.
Os alumnos de 4º e 6º visitan o circuito de educación vial de Mollabao no que aprenderán a circular como peóns e como vehículos, respetando os semáforos, os pasos de peóns,...
Este mércores todo o centro participará nun obradoiro sobre o sistema solar que terá lugar no colexio.
Os alumnos de educación infantil visitan Campolameiro para facer unha visita guiada e dous obradoiro, un de pintura e outro de escultura. A profe María avisará por medio do Twitter da súa aula do seu percorrido e da hora exacta de chegada.
Teremos no centro un obradoiro de cohetes para todo o alumnado do centro.