Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
20
| 21
Start: 21/04/2015 11:00
End: 21/04/2015 11:30
Xa que a semana pasada non puidemos contar coa visita do diario de Pontevedra, este martes si que virán para facer unha reportaxe de como traballamos no noso colexio. A profe María falaralles do traballo en infantil co Ábaco A profe Eugenia fará unha desmostración da técnica do folio xiratorio. O profe Xurxo ensinaralles como os alumnos investigan na aula cos Ipad E o profe Moncho falaralles do traballo que se elaborou para Ponteciencia. Agardámosvos. | 22
Start: 22/04/2015 09:30
End: 22/04/2015 13:45
Saída educativa destinada aos alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º na que visitarán a aldea do Salgueiral. Esta saída pretende mostrarlle aos nenos o proceso tradicional de obtención e tratamento da lá.
A participación no proceso artesanal da lá pretende achegar aos escolares a unha parte da nosa historia, realizando de xeito tradicional o custoso proceso de transformación da la de ovella en prendas de primeira necesidade como a roupa. Traballos como o da la conforman unha actividade tradicional da sociedade galega que, ademais, constituíu unha das bases da economía doméstica e do sustento familiar nun pasado que non queda moi lonxe. A proposta encamíñase a revivir dun xeito lúdico este proceso. Viviremos a hospitalidade dos veciños/as do Salgueiral, que nos acompañarán e explicarán de primeira man unha tradición como a da la. Veremos como esa actividade forma parte das súas raíces, xa que a practicaban os seus antepasados, e contarannos como os axudou a subsistir xeración tras xeración ata hoxe en día. Reflexionaremos, igualmente, sobre a necesidade de conservar esas tradicións e coñecementos populares.
Pinchade na imaxe para máis información
| 23
Start: 23/04/2015 09:30
End: 23/04/2015 11:30
Os alumnos de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitarán o teatro para ver unha obra de gran éxito: A nena e o grilo "No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos, disfrutamos e aprendimos as súas cancións, o seu xeito de mirar o mundo, o seu cri, cri, cri....as apertas, e moito máis...
Máis información pinchando na imaxe | 24
| 25
| 26
|