Eventos
Periodo vacacional de Semana Santa. Aproveitade para descansar e volver con enerxía para afrontar o terceiro trimestre.

Como o obradoiro tivo un gran éxito, imos a repetilo para os alumnos de 3º, 4º e 6º. Moitas grazas á mamá de Pablo de catro anos.
O luns, día 13, iremos a Pontevedra a realizar un taller de percusión. Acudirán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º e será aproximadamente de 9:30 a 11:15.
Este día, para os alumnos de educación infantil, teremos no colexio un obradoiro de Scrapbooking.
Estarédesvos preguntando que é iso do Scrapbooking: Pois consiste, na elaboración de libros, tarxetas e demáis materiais de papel cuns deseños fantásticos e cun toque de imaxinación.
Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo no centro fomentando o consumo do pescado e da froita, englobamos esta saída educativa na que visitaremos a Lonxa de Vigoe o Museo do Mar.
Tamén participaremos nunha degustacion de productos do mar e logo teremos distintos xogos didácticos nos que os nenos traballarán a boa alimentación.
Todas estas actividades son gratuitas. A volta será pola tarde a eso das 17:30
Nesta saída participarán os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º de primaria. O horario será o seguinte:
- Saída do colexio: 9:45
- Visita á Lonxa: 10:30
- Visita ao Museo do Mar: 12:00
- Comida: 14:00
- Xogos didácticos: 16:00
- Volta: 17:00
- Chegada ao colexio: 17:30
Xa que a semana pasada non puidemos contar coa visita do diario de Pontevedra, este martes si que virán para facer unha reportaxe de como traballamos no noso colexio.
A profe María falaralles do traballo en infantil co Ábaco
A profe Eugenia fará unha desmostración da técnica do folio xiratorio.
O profe Xurxo ensinaralles como os alumnos investigan na aula cos Ipad
E o profe Moncho falaralles do traballo que se elaborou para Ponteciencia.
Agardámosvos.
Saída educativa destinada aos alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º na que visitarán a aldea do Salgueiral. Esta saída pretende mostrarlle aos nenos o proceso tradicional de obtención e tratamento da lá.
A participación no proceso artesanal da lá pretende achegar aos escolares a unha parte da nosa historia, realizando de xeito tradicional o custoso proceso de transformación da la de ovella en prendas de primeira necesidade como a roupa. Traballos como o da la conforman unha actividade tradicional da sociedade galega que, ademais, constituíu unha das bases da economía doméstica e do sustento familiar nun pasado que non queda moi lonxe.
A proposta encamíñase a revivir dun xeito lúdico este proceso. Viviremos a hospitalidade dos veciños/as do Salgueiral, que nos acompañarán e explicarán de primeira man unha tradición como a da la. Veremos como esa actividade forma parte das súas raíces, xa que a practicaban os seus antepasados, e contarannos como os axudou a subsistir xeración tras xeración ata hoxe en día. Reflexionaremos, igualmente, sobre a necesidade de conservar esas tradicións e coñecementos populares.
Pinchade na imaxe para máis información
Os alumnos de Educación Infantil e de 1º de Primaria visitarán o teatro para ver unha obra de gran éxito: A nena e o grilo
"No ano 2010 A nena e o grilo iniciou a viaxe na que descubrimos, disfrutamos e aprendimos as súas cancións, o seu xeito de mirar o mundo, o seu cri, cri, cri....as apertas, e moito máis...
Durante estes anos seguiron viaxando, vendo e creando novas cancións, soños e ilusións que chegan con moitas ganas de compartilas con vós."
Máis información pinchando na imaxe