Eventos
O mércores 26, teremos no centro unha charla dirixida aos alumnos de 3º e 4º de primaria na que nos porán ao día sobre os hábitos de hixiene e alimentación, para explicarnos o que debemos e non debemos facer, así como as comidas que son beneficias para a nosa saúde.
A Universidade de Vigo, dentro do convenio que asinou co Concello de Pontevedra quere compartir coñecementos que o longo destes últimos anos foron adquirindo no secor aeroespacial con proxectos tan relevantes como o Xatcobeo ou HUMSAT
Esta actividade consiste nunha presentación de 45-50 minutos para os alumnos de 2º,4º, 5º e 6º na que se fará unha introducción ao sector aeroespacial onde se repasará a historia de dito sector e tamén se verán proxectos espaciais levados a cabo pola Universidade de Vigo.
Contidos da presentación:
- A carreira espacial: Repaso á historia dos primeiros voos e foguetes ata a chegada á Lúa.
- Satélites e órbitas: ¿Qué é un satélite? ¿Como orbitan? Estas e outras preguntas básicas sobre a física dos satélites serán tratados neste apartado.
- Aplicacións dos satélites: Descripción das aplicacións máis comúns dos satélites: navegación, comunicación ou exploración do Universo.
- Elementos dunha misión espacial: Breve explicación dos pilares das misións espaciais.
- A aventura espacial da Universidade de Vigo: Repaso aos proxectos aeroespaciais da Universidade de Vigo.
O vindeiro Luns, día 15, teremos unha charla na que nos explicarán normas básicas de comportamento na rúa, cando e como debemos cruzar, como debemos circular cando imos montados en algún vehículo (bicicleta, monopatín,..), cando ceder o paso e cando nolo deben de ceder,...
Está destinada aos nenos e nenas de 4º e 6º de primaria.
O martes, día 16, contaremos coa visita de Diego Castro, un corredor de 26 anos e diabético desde os 10 que nos contará como é capaz e competir a un altísimo nivel sin verse afectado por ter que controlar permanentemente os seus niveis de azucre.
Esta charla está destinada aos nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Si queredes saber un pouquiño máis del aquí vos deixamos unha entrevista que lle fixeron fai pouco.
Para máis información sobre Diego podedes acceder á súa páxina Web:
Este venres temos unha chocolatada para despedir o primeiro trimestre e o ano. Contaremos coa axuda de varias nais e pais da ANPA que nos traerán chocolate quente e roscón.
Ummmmm xa se nos fai a boca auga.