Actividades EDLG
II Edición: OLIMPIACAS
Enviado por Anónimo o Sáb, 12/11/2016 - 03:48Por segundo curso consecutivo e coincidindo co San Martiño, no CEIP O Sello, celebramos a festa do Magosto comendo ricas castañas asadas, por membros do ANPA, e participando nas Olimpiacas. Nesta II Edición os alumnos, mesturados en grupos de diferentes idades (dende 4º EI a 6º EP), pasaron polos distintos xogos populares nos que o elemento común foi a castaña.
Os 8 xogos desta olímpica edición foron:
- "GOLFTAÑA"
- "CASTANBIRLOS"
- "CASTAÑOLA"
- "TRES EN TAÑA"
- "PANO CASTAÑA"
-"TRAGACASTAÑAS"
- "CASTAÑA VELOZ"
- "LANZA A CASTAÑA"
Samaín no Sello
Enviado por Anónimo o Dom, 06/11/2016 - 09:36
Benvidos ao curso 2016/2017
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/09/2016 - 02:33Para comezar con bo pé o vindeiro curso 2016/2017 nada mellor que con algarabía e así o fixemos pasando polo photocall ou sesión fotográfica do Sello. Deste xeito tan divertido arrincamos este curso, cun soriso e moita ilusión.
BENVIDOS!!!
Culturgal
Enviado por Anónimo o Mér, 29/06/2016 - 19:39Para finalizar o proxecto anual de centro deste ano, "Costumes e tradicións galegas", celebramos a I Edición do noso particular CULTURGAL. Esta exposición tratou de recoller moitos dos traballos relacionados coa temática do proxecto para que toda a comunidade educativa os contemplase. Ademais grazas á colaboración das familias tamén gozamos dunha degustación de produtos típicos da nosa gastronomía nun ambiente distendido e festivo.
Aliméntate ben!
Enviado por Anónimo o Xov, 16/06/2016 - 00:31Un curso máis participamos no Plan Proxecta Aliméntate ben tanto na modalidade de Froita na escola, xa hai uns meses, como na máis recente, Ponlle as pilas ao teu bocata. Ambas pretenden achegar aos nenos ao medio natural que os rodea potenciando o consumo dos produtos que este medio lles achega, valorando os seus beneficios e fomentando hábitos de consumo saudables.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »