Actividades EDLG
Maios 2017
Enviado por Anónimo o Dom, 07/05/2017 - 17:04Como cada ano por estas datas celebramos o Maio Florido e aínda que o mal tempo fixo que tivésemos que cambiar de escenario, non impediu que o noso traballo saíse adiante con moitas gañas e ilusión. Entre todo o alumnado e o claustro de mestres, decoramos o maio dende as primeiras horas da mañá grazas á colaboración das familias que aportaron flores, funcho, ovos, froita... necesarios para a súa elaboración. Unha vez rematado, cada grupo recitou a súa copla relacionada coa Comunidade Autónoma que está traballando durante todo o curso con motivo do noso proxecto anual "Unha andaina por España". Para rematar, cada curso posou a modo de Photocall co protagonista do día, o Maio Florido do Sello.
Recursos educativos Carlos Casares
Enviado por Anónimo o Xov, 04/05/2017 - 18:33Aquí vos deixamos diferentes páxinas onde podedes atopar recursos variados sobre a vida e obra de Carlos Casares, autor homenaxeado polas Letras Galegas deste ano 2017.
Para acceder a eles só tedes que premer na imaxe que queirades.
I Certame de retranca galega
Enviado por Anónimo o Mér, 19/04/2017 - 01:14Este curso dende o EDLG da escola, co afán de promover o uso da nosa lingua entre o alumnado, convocouse o I Certame de Retranca Galega, no que había que recoller un refrán ou dito popular galego. Resultou unha actividade moi interesante para falar do sentido e significado deses ditos populares e coñecer un pouquiño mais a nosa cultura.
Houbo unha boa participación e non foi doado escoller aos premiados. Finalmente os galardoados foron:
Ainara Pereira Pérez de 5º de Ed. Infantil.
Rubén Alonso Martínez de 4º de Ed. Primaria.
Uxía Centelles Martínez de 6º de Ed. Primaria.
¡¡Parabéns aos premiados e tamén a todos os que participastes nesta actividade polo voso esforzo!!
Achegámonos á oceanógrafa Ángeles Alvariño
Enviado por Anónimo o Lun, 20/03/2017 - 16:05A Concellería de Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo convidou ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria a coñecer á oceanógrafa Angeles Alvariño a través dunha contada acompañada por ilustracións. Equipados cos seus cadernos e lapiceiros, os nosos alumnos/as tamén fixeron as súas propias ilustracións. Ademais durante esta interesante actividade contaron cunha inesperada visita...
Día de Andalucía
Enviado por Anónimo o Dom, 05/03/2017 - 17:21O 28 de febreiro celébrase o Día da Comunidade de Andalucía e conmemórase o referéndum sobre o proceso autonómico no ano 1980. Este ano, dita data, coincidiu durante as vacacións de Entroido polo que o ciclo de Educación Infantil pospuxo a súa celebración para o venres 3 de marzo. Os cativos do Sello levan todo o 2º trimestre profundizando na cultura, costumes e tradicións desta Comunidade do sur de España para compartir os seus coñecementos co resto dos compañeiros e mestres do cole. Con moito arte e salero, convidáronnos a unha degustación da saudable dieta mediterránea: olivas e o pan con aceite. Para rematar esta celebración e coa intención de que ninguén esqueza un día tan significativo para os andaluces, un abanico personalizado foi o agasallo de recordo para todos.
OLÉ MI ARMA!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »